Notas de prensa

A Xunta abre cos partidos políticos un proceso de diálogo arredor da lingua

Convídase a todos os grupos con representación parlamentaria a iniciar un proceso de diálogo para consensuar unha política común arredor da lingua galega. Esta acción prodúcese logo da recente aprobación da proposición non de lei sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de política lingüística.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixiuse por escrito a todos os grupos con representación no Parlamento de Galicia convidándoos a iniciar un proceso de diálogo para a vertebración dunha política común arredor da lingua galega.

O propio secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, con motivo da recente aprobación da proposición non de lei sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de política lingüística, remitiulles hoxe unha carta aos voceiros de lingua de todos os grupos políticos con representación na Cámara manifestándolles o interese do Executivo galego en reunirse a vindeira semana para escoitar as súas propostas.

Esta iniciativa é una das medidas que a Xunta de Galicia está levando a cabo co obxectivo de promover o diálogo con todos os axentes implicados na promoción, difusión e consolidación do uso da lingua galega. A Xunta de Galicia manifesta deste xeito a súa vontade de achegar posturas a prol de acadar o máximo consenso posible para poder así garantir a promoción do uso do idioma propio fomentando, en todo momento, a convivencia e o entendemento da nosa riqueza lingüística.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES