Das agrupacións corais de Galicia aparecen fotografÃas, ademais da do
Orfeón Lucense, a da Coral Polifónica El Eco (A Coruña), o Real Coro Toxos
e Frores do Ferrol e a Coral de Ruada de Ourense.
Polo que á provincia de Lugo se refire tamén figura a Banda Municipal de
Chantada, a portada de “Galicia canta ao neno” de Fuxan os Ventos e
cadanseu retrato de Xoán Montes e Florencio, o cego dos Vilares.
O libro, promovido polo equipo didáctico desta editorial coruñesa, editado
en galego e centrado na música desde unha perspectiva galega, enmárcase no
“Proxecto Século XXI”.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar tÃtulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro MarÃa Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquÃ, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.