Arrancan en Lugo os seis dÃas adicados ao cine na XXXIV Semana de Autor
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá puxo en marcha a XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo con seis dÃas adicados a proxeccións e eventos. A semana comezou coa presentación no Museo do libro-homenaxe "Ricardo Núñez, o emperador da simpatÃa".

O refectorio do Museo Provincial de Lugo acolleu a presentación do libro "Ricardo Núñez, o emperador da simpatÃa", editado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá na homenaxe prevista no marco da 34ª Semana Internacional de Cine de Autor que se desenvolve na cidade das murallas entre o 17 e o 22 de setembro.
Estiveron presentes representantes do Concello e da Deputación Provincial de Lugo, e asistiu tamén a Vicepresidenta da Deputación Peovincial da Coruña, Maria Dolores Faraldo Botana, betanceira como o homenaxeado, que promoveu a colaboración da Deputación coruñesa a esta homenaxe.
Por parte do concello de Betanzos estiveron presentes Diego Fernández Lopez, primeiro tenente de Alcalde, e Jesús Nuñez Fernández. O libro vai ser presentado en Betanzos o catro de outubro. Intervirá Manuel Curiel Fernández, autor do libro.
Arranca, asÃ, a 34ª Semana de Cine de Lugo que inclúe as xa clásicas seccións infantil e mellor do ano, ademáis da Sección Oficial. Como novidades destaca o ciclo "Cine e radio" e a exposición de fotografÃa "In memoriam: Toñi Ónega Fernández", na Biblioteca Provincial.
Máis información en: http://fonmina.nombresweb.es/
FotografÃa: Carlos RodrÃguez Arias
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, 2012-09-17
Actualidad

Persoal investigador do Centro Singular en QuÃmica Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) acaba de presentar unha innovadora estratexia molecular para transportar fármacos contra o cancro ata o núcleo de células tumorais para que poidan desenvolver a súa función terapéutica. Neste caso, os estudos realizáronse con doxorrubicina, un fármaco habitual en quimioterapia. O seu uso prolongado pode xerar células resistentes, un fenómeno que este traballo consegue sortear mantendo a súa actividade antitumoral. O avance parte dunha idea sinxela pero poderosa: a capacidade dos péptidos cÃclicos — pequenas cadeas de aminoácidos pechadas en forma de anel— para amontoarse e formar estruturas cilÃndricas ocas (nanotubos) nas membranas deste tipo de células.

O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura hoxe Nicasso, unha mostra que ofrece unha mirada crÃtica e irónica sobre as diversas lecturas que se fixeron da obra de Picasso desde a cultura popular. Trátase dunha exposición que amosa o traballo feito polo artista Carlos Pazos no que toma como referencia a famosa cerámica de Vallauris, localidade onde o artista malagueño se instalou entre 1948 e 1955 producindo unha extensa obra, para crear o esquema dun escaparate comercial. A peza, que se poderá contemplar ata o vindeiro 8 de febreiro, incide en cuestións relacionadas co consumo masivo e o desgaste estético das formas, pero tamén no poder do mercado da arte e a súa capacidade para crear sucedáneos que crean a ilusión de grandes obras únicas.
Notas
Os traballos premiados abranguen diversos temas dentro da enxeñarÃa informática e das tecnoloxÃas emerxentes, incluÃndo investigacións en ciberseguridade, co desenvolvemento de ferramentas para analizar vulnerabilidades en Internet das Cousas, e en realidade virtual aplicada á inclusión, mediante contornos inmersivos que axudan a persoas con lesións medulares a adaptarse ao uso da cadeira de rodas ou a visualizar reformas de vivendas.
Coincidindo coa conmemoración do Ano Castelao con motivo do 75 aniversario do seu pasamento, a obra e traxectoria deste escritor e polÃtico centrarán as xornadas Pensamento e Creación, que o Campus Crea promove xunto coa Aula Castelao de FilosofÃa. A quinta edición destas xornadas terá lugar o xoves 16 e o venres 17, combinando as conferencias con actividades creativas, como a actuación musical de A Pedreira e Alejandro Vargas e a proxección do documental As cruces de pedra na Bretaña.