Notas de prensa

Galicia Digital participa no consorcio de empresas promovido por Eganet para o comercio electrónico

Doce empresas traballarán en conxunto para aumentar a súa competitividade, nunha iniciativa pioneira en Galicia. Xunto coa participación de Eganet no Programa B2C de Red.es, este consorcio afianza a aposta da asociación polo e-commerce.

A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, Eganet, vén de constituir no seu seo un consorcio de comercio electrónico formado por doce das empresas socias co obxectivo de sumar forzas e coñecementos para aumentar as posibilidades do sector TIC galego neste nicho de negocio, que ten cada vez maior relevancia.

As firmas que entraron neste grupo son: Agalip, Explica Ingenieros, Deza Business, Galicia Digital, Galinus Taller de Novos Medios, Hacce Soluciones TIC, Lanaútica, Movendo, PéZcalo, Primate, Tagen Ata e Tesla Technologies.

Esta iniciativa, pioneira en Galicia, responde a unha necesidade de unión e traballo conxunto das empresas, que se constitúen nun grupo altamente especializado, competitivo e con capacidade para xerar solucións óptimas. Pretende, ademais, dar unha resposta eficaz ás necesidades de comercio electrónico de todos os sectores produtivos, dende os negocios máis locais ata as industrias e grandes empresas.

Durante este ano 2012, o comercio electrónico foi un dos eixos principais do traballo de Eganet. A nosa elección como entidade colaboradora do programa B2C de Red.es a finais de 2011 foi o logro máis destacado no eido do comercio electrónico e suscitou novas ideas e inquedanzas que foron o xerme deste consorcio, cuxa constitución foi ratificada onte pola Xunta Directiva da asociación. Coa creación do mesmo, os socios de Eganet volven amosar a súa capacidade de cooperación e entendemento, tan necesaria nunha realidade tan atomizada como é a do sector TIC galego.

Alén de unir os seus esforzos, as empresas que conforman este grupo teñen o obxectivo de conseguir proxectos de gran calado nos que traballar de forma colectiva, o que aumentará as súas capacidades individuais e terá como resultado produtos de máis calidade e variedade. Ademais, servirá como plataforma de divulgación dos beneficios que o comercio electrónico pode achegar ás empresas de todo o tecido produtivo galego.

O voceiro do consorcio será Daniel Cerqueiro, de Galinus Taller de Novos Medios, quen agarda que esta iniciativa "sirva de impulso ao comercio electrónico como canle preferente de comercialización de moitas empresas en Galicia". Destaca asemade o papel de Eganet como "a casa común das empresas dedicadas a Internet de Galicia, polo que é lóxico que aquí xurdan iniciativas colaborativas como esta".

A creación do consorcio supón tamén unha mellora das posibilidades das empresas á hora de abordar proxectos máis aló de Galicia, a nivel estatal e internacional. O comercio electrónico é un campo transversal e transfronteirizo, polo que o grupo agarda que o traballo que leven a cabo aumente e facilite a capacidade de internacionalización dos seus membros.

Comunicación Eganet, 2012-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES