
O libro UNA AVENTURA EUROPEA, do avogado vilalbés en Madrid Domingo Goás Chao, vai ser presentado o xoves, dÃa 24, en Vilalba, e o dÃa 25, venres, na capital lucense.
A presentación de Vilalba efectuarase no Centro Cultural e Recreativo, e en Lugo na sala Sargadelos. En ámbolos dous casos, será ás 20,00 h.
Nas presentacións intervirán o autor, o Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado e o xornalista Xulio Xiz. Nos dous casos os actos son públicos, invitándose a cantos desexen asistir, que serán agasallados con cadanseu exemplar do libro.
Domingo Goás Chao é o Presidente da CofradÃa do Capón de Villalba, e foi
o primeiro avogado español que interveu en Estrasburgo diante da Comisión Europea dos Dereitos Humanos. Precisamente o libro aborda, entre outros temas, esta “aventura europea” no xa lonxano 1980.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.