
O candidato á SecretarÃa Provincial do PSdeG-PSOE en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou a súa candidatura a dito cargo orgánico, que será sometida a votación esta fin de semana polos 103 delegados, avogando por “un liderado compartido, de abaixo arriba”. Gómez Besteiro sinalou que a presentación neste dÃa non era casual, pois hoxe cúmprese un ano dende que revalidou o seu cargo como máximo mandatario no organismo provincial, ó tempo que anunciou que concurre á SecretarÃa como “un militante máis, o mesmo que comezou a formar parte desta formación polÃtica a principios dos noventa cando, ó igual que acontece na actualidade, os socialistas atravesaban unha das etapas de meirande dificultade”.
Nun formato ata o de agora non utilizado, o candidato socialista decidiu comparecer perante ós medios de comunicación acompañado do militante máis antigo da provincia, Manuel Villasol -un histórico da Montaña que forma parte dos socialistas de Lugo dende hai máis de 40 anos-, asà como dunha das máis xóvenes que, cando celebrou a maioria de idade, fÃxoo sacando o carné de Xuventudes Socialistas, Leticia Seara. “Son dúas persoas que demostran que a provincia ten canteira por riba e por abaixo. Representan como nos socialistas de Lugo teñen cabida persoas de todas as idades, de todas as xeracións. Persoas correntes que son capaces de facer cousas extraordinarias cando nos poñemos man a man. Persoas coma elas, serán a base da miña candidatura”. Asà mesmo, elexiu para a presentación da súa candidatura o contorno do rÃo Miño, ó carón da antiga Fábrica da Luz, xa que “o Miño simboliza a forza desta provincia e representa a reivindicación do noso”.
O candidato sinalou que, igual que hai un ano, os lugueses fixeron posible o que a dereita dicÃa que non se Ãa poder facer. Hoxe creo que os socialistas da provincia podemos facer posible o que a dereita cre que non se pode facer”. A este respecto, destacou que “as persoas necesitan máis ca nunca ó Partido Socialista. En Europa, en España, en Galicia e en Lugo”. Para Besteiro “non só por ideoloxÃa nin por principios, senón porque o Estado de Benestar é a única garantÃa que teñen aquelas persoas con menos recursos de abrirse camiño en igualdade de condicións”. O candidato afirma que “non é certo que só se poida saÃr da crise pola dereita, renunciando a uns dereitos que as nosas familias conquistaron con moito esforzo. Co desmantelamento do Estado de Benestar uns poucos serán máis ricos e o resto máis pobres”.
Asà mesmo, engadiu que, precisamente, o Estado de Benestar é a única ferramenta para manter a cohesión da sociedade e o mantemento dunha estrutura social non polarizada. “Noutras palabras: co desmantelamento do Estado de Benestar, aqueles que tanto contribuiron a elos, estoume a referir ás
“Non é economÃa, é ideoloxÃa”
Gómez Besteiro tamén denunciou que “o que fai esta neodreira non é austeridade, non é economÃa, é ideoloxÃa”. Neste senso, manifestouse en contra da “dereita anti-dereitos adopte a estrataxema de culpar á cidadanÃa de todo o ocurrido. Porque.. que maior dereito pode ter unha persoa que o dereito ó traballo?, e á educación?, e á sanidade pública?, e ás medicinas polas que cotizou toda a vida?, ós servizos sociaisÂ….?. Non podemos asumir isto como algo xusto, igual que non asumimos a dobre linguaxe da dereita, esa que agocha o que realmente quere dicir”.
Un Partido renovado, con obxectivos e propostas claras
Os principais obxectivos do candidato á SecretarÃa Provincial se sae elexido polos delegados da provincia que exercerán o seu dereito ó voto son os seguintes:
PRIMEIRO: Preséntomes para que o PSOE volva a ser a referencia polÃtica no noso paÃs. “Dalgunha maneira non soubemos chegar ás persoas e as persoas distanciáronse de nós. Deixamos de ser a súa referencia e perdemos o seu voto, o que sen dúbida estivo a punto de crearnos unha crise de identidade. Darannos a súa confianza se somos capaces de chegar a eles e para iso primeiro eles teñen que identificarse con nós e nós con eles. Temos que reactivar ese vÃnculo”, engadiu.
SEGUNDO: Preséntome para loitar en Lugo contra o que non é xusto. Neste caso, Gómez Besteiro subliñou que “creo no Socialismo comprometido co cambio social, coas persoas, non cos clientes, como as consideran outrosÂ….”, ó tempo que manifestou o seu compromiso para atallar problemas singulares da provincia como o despoboamento, a dispersión xeográfica, a falta de relevo xeracional, autónomos e emprendedore ós que non se lles permite chegar ó crédito, ou que existan case tantos pensionistas como cotizantes, e que os gandeiros afogados mentres que os pescadores están secos”. Neste senso, engadiu que “imos traballar cada un dos dÃas que temos por diante para conseguir o cambio por devolverlle a esperanza ás máis de 351.000 persoas que viven na nosa provincia, devolver a esperanza ás familias”.
TERCEIRO: Preséntome para afondar no fortalecemento interno do partido que nos permita un proxecto maioritario de goberno porque “se ben a forza dun partido son os seus votos, para min tamén o é a capacidade de propoñer, de convencer, de sumar, en definitiva, a capacidade de liderar. O socialistas non temos medo á rexeneración. Nós cremos na democracia de partidos. Pero, por riba deso, cremos na democracia dentro dos partidos”. Gómez Besteiro recoñeceu que leva moitos meses de traballo en silencio, escoitando, tomando nota do que temos que mellorar, percorrendo a provincia de abaixo arriba para saber que se espera desta nova etapa do Partido Socialista.
CUARTO OBXECTIVO: Preséntome para sumar ós progresistas en torno a un proxecto de centro-esquerda galeguista, no que os xóvenes terán un papel crucial. Os problemas que teñen os lucenses e os galegos son diferentes ós que teñen os habitantes doutras zonas de España “aÃnda que o primeiro dos galegos, o Presidente Feijóo, nos queira tratar como se non houbesen diferenzas. Ademais do ataque que se lle fai á lingua neste paÃs por parte da neodereita -supostamente amable e enrrollada, sen corbata, pero terriblemente dura- nós si podemos poñer unha “G” con maiúsculas á nosa acción de goberno. Hai xente que agarda que demos ese paso para incorporarse ó noso proxecto. Estamos dispostos a sumar ós progresistas que, hoxe son moitos pero están divididos, e facelo en torno a un proxecto de centro-esquerda e profundamente galeguista. Queremos contar cada vez con máis xente, recuperar a confianza dos que algún dÃa deixaron de apoiarnos, pero tamén de todos aqueles que se sinten progresistas pero que nunca nos votaron”.
Desenvolvemento do 2º Congreso Provincial
Gómez Besteiro encabezará a principal lista do que é o segundo congreso provincial, que se celebrará os vindeiros dÃas 26 e 27 da maio, no Hotel Torre de Núñez. No primeiro, celebrado en 2009, saÃu elexido o socialista Ricardo Varela co 91% dos votos. O programa do encontro é o seguinte:
DÃa 26 de maio
9:00-10:30h. Acreditacións
11:00 h. Apertura 2º Congreso Provincial
12:00 h. Informe de Xestión
14:00 h. Xantar
16:00 h. Constitución das Comisións de Traballo
16:30 h. Proclamación de candidaturas á SecretarÃa Xeral e intervencións dos/as Candidatos/as diante do Plenario
17:00 h. Votación de Secretario/a do PSdG-PSOE
18:00 h. Constitución do Plenario: Proclamación de Resultados da Votación de Secretario/a Xeral
19:00 h. Plenario, presentación e aprobación das resolución das Comisións de Traballo
DÃa 27 de maio
11:00 h. Votación de candidaturas aos Órganos Provinciais
12:00 h. Constitución do Plenario
• Proclamación de resultados
• Sesión de clausura do 2º Congreso Provincial
CurrÃculum do candidato
José Ramón Gómez Besteiro naceu o 15 de novembro de 1967 en Lugo, sendo o menor de tres irmáns. Ten 44 anos e dous fillos. É Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Dende moi novo sempre tipo claro que querÃa pertencer ó Partido Socialista polo que fÃxose militante ó rematar os seus estudos universitarios en Santiago. Con 31 anos, cando estaba exercendo a súa profesión como avogado nun despacho propio, tivo que deixalo para formar parte do primeiro Goberno progresista na historia democrática da cidade luguesa tras décadas de gobernos populares.
Entre 1999 e 2007, foi Voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo, Concelleiro de Urbanismo e Deputado provincial. O 14 de xullo do 2007, Gómez Besteiro convertÃase no primeiro militante do Partido Socialista de Galicia que presidÃa a Deputación de Lugo. No mandato quedaron saldadas as grandes débedas históricas que arrastraba a institución como o pago do canon hidroeléctrico, a transferencia dos hospitais ó SERGAS, a creación da UNED e a posta en marcha da rede provincial de parques de bombeiros, ademais dunha total apertura da Deputación á cidadanÃa e ós Concellos nunca antes experimentada.
A singularidade de ser o primeiro socialista que presidÃa a Deputación aÃnda o foi máis, se cabe, nos comicios municipais de 2011. Lugo foi o único caso en España no que o PSOE acadou tanto o Goberno da provincia como o da capital, sendo, ademais, un dos oito gobernos provinciais en todo o Estado liderados por un Presidente socialista. Gómez Besteiro revalidaba entón o apoio dos cidadáns, sendo o único socialista que na actualidade dirixe unha Deputación en Galicia.
Gómez Besteiro entrou a formar parte este mesmo ano, en febreiro de 2012, no Comité Federal do Partido Socialista, ó tempo que manifestou que a súa etapa á fronte da SecretarÃa Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE chegaba ó seu fin.
Recoñecido é seu talante conciliador e negociador; a súa proximidade acentuada polo sentido do humor; e un carácter resolutivo e dinámico que non lle impide calcular as situacións para non precipitarse.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.