
As persoas que formamos parte da Uned Senior de Xestoso celebramos, hoxe, en Paderne, no restaurante "A Gurita", a festa das Letras Galegas. Foi un acto moi entrañable e emotivo. Houbo recitais de poesÃa por parte de varios membros da Uned. Unha semblanza do autor a quen se lle dedica o DÃa das Letras Galegas, este ano 2012. Tamén se leu un texto moi interesante en defensa da nosa identidade como galegos, "O orgullo de ser galegos", que era o noso lema.
Pero, a parte central do acto foi a conferencia da gran escritora Marica Campo, con quen tivemos a sorte de contar. Ela foi desgranando como, a través da historia, aos galegos e ao galego se nos desprestixiou, en moitas ocasións, mesmo por parte de afamados escritores da literatura española. Todo isto fixo, entre outras cousas, que nos sintamos inferiores que os demais, e que algunhas persoas se avergoncen da súa cultura e da súa lingua. E este problema non só afectou á nosa cultura, senón tamén a economÃa e ao desenvolvemento do noso paÃs.
Gracias a Marica e a outras persoas coma ela imos recuperando a nosa identidade como galegos, mellorando a nosa autoestima e mirando cara o futuro, en solidariedade con todas as demais persoas do mundo.
Unha das persoas que participou no recital fÃxoo en homenaxe a Marica, e pediu que se lle dedique o DÃa das Letras Galegas xa, sen esperar a que faleza. E todos os demais subscribimos esa petición.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.