Notas de prensa

Preséntase en Compostela a xornada de portas abertas das rutas dos viños de Galicia

É a primeira acción do Plan de Turismo Enogastronómico da Xunta de Galicia. Ademais, de degustacións e visitas, as xornadas inclúen actividades complementarias. 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta.

A xerente da Sociedade da Imaxe e Promoción Turística de Galicia-Turgalicia, Carmen Pita Urgoiti, presentou no Centro Superior de Hostelería de Galicia a Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Esta iniciativa, enmarcada no Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia aprobado o día 3 de maio polo Consello da Xunta, ten por obxectivo pór en valor o enoturismo galego como unha nova aposta de calidade na diversificación das actividades turísticas. A estratexia englóbase na creación de produtos turísticos que van a reforzar e dotar de contido a marca turística de Galicia.

Segundo explicou a xerente de Turgalicia, a Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia consiste nun programa no que “por primeira vez se organiza unha xornada de actividades de enoturismo de maneira simultánea e conxunta nos nosos cinco grandes territorios vitivinícolas”. Entre os obxectivos desta iniciativa figura tamén o de comezar a divulgar o enoturismo e o novo produto cabeceira de marca Paseando entre viñedos entre os galegos porque o turismo interno é moi importante en Galicia. Un total de 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe galegas ofrecerán unha visita guiada polas súas instalacións e a degustación dos seus viños con carácter gratuíto durante toda a xornada. Ademais, 31 restaurantes adheridos a esta promoción especial ofrecerán 62 menús enogastronómicos diferentes e maridados con viños galegos da D.O.P. na que se atope o restaurante. O prezo final destes menús é de 25 euros todo engadido e poderase escoller o menú que máis agrade. Para os menores de 12 anos haberá menús infantís a 10 euros.

Ademais deste programa común para as cinco Rutas dos Viños de Galicia, hai moitas propostas adicionais como visitas guiadas e gratuítas nos territorios das cinco D.O. Vitivinícolas, por exemplo polo casco histórico de Monforte de Lemos; visitas á vila medieval de Ribadavia, ao patrimonio románico da Ribeira Sacra, ou visitas aos viñedos de Amandi en tren turístico. Tamén haberá, por exemplo, entradas gratuítas ao centro do viño da Ribeira Sacra e ao Museo enolóxico de Ribadavia así como unha cata xenérica e gratuíta sobre os viños do Ribeiro ou ofertas de especiais de aloxamento e paquetes enoturísticos con empresas especializadas de Valdeorras e O Ribeiro.

Outros exemplos son a Ruta do Viño das Rías Baixas que propón o 1º Desafío Rías Baixas. O visitante terá que descubrir diferentes puntos de interese a través da resolución de retos espallados polo territorio da Ruta. (www.rutasdelvinoriasbaixas.com). O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea – ARABO, organiza unha xornada de portas abertas das 11 ás 13.30 e das 17 ás 19 horas, con degustación de viños da subzona do Condado; tamén hai xornada de portas abertas no Museo Etnográfico e do Viño de Cambados; o Concello da Guarda ofrece ás 12.30 horas unha visita ao Monte de Santa Tegra por 1 euro para adultos e 0.50 céntimos para nenos. O punto de encontró será o Museo Arqueolóxico de Santa Tegra. O Concello de Vedra organiza unha Ruta gratuíta polos Pazos e Xardíns Históricos; en Valdeorras organízanse percorridos a pé ou en quad dende o Castelo do Bolo ao Santuario das Ermidas e no Ribeiro hai iniciativas como o transporte de balde entre Ourense e Ribadavia ou o tour guiado Viño e románico oculto no Ribeiro.

Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia

Carmen Pita falou tamén durante a presentación da xornada na capital de Galicia do Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia. A xerente de Turgalicia quixo resaltar que en Galicia existen un total de 5.298 establecementos de restauración neste ano 2012, 1.574 cafeterías e 21.218 bares. En Galicia existen 841 industrias agroalimentarias e hai 10 restaurantes con Estrella Michelín e 18 distinguidos con Soles Repsol. Contabilízanse na comunidade máis de 300 festas gastronómicas que impulsan o sector turístico e promocionan os produtos con indicación de calidade. A gastronomía é, despois da natureza, a segunda motivación dos turistas para elexir Galicia como destino.

Pódese consultar toda a información da xornada en www.turgalicia.es Teléfono : +34 902 200 432 | +34 981 542 500 Fax : +34 981 542 659 - e-mail: cir.turgalicia@xunta.es

E tamén nos seguintes enderezos web:

http://www.rutadelvinomonterrei.com/detallenews.php?id=68&news

http://www.rutadelvinoribeirocom/

http://rutadelvinoribeiro.com/?id=172

http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/es/jornada-de-puertas-abiertas

http://www.ribeirasacra.org/ca/web/index.php

http://www.rutadelvinovaldeorras.com/detallenews.php?id=53&selid=18

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES