Notas de prensa

Galicia ten un endebedamento inferior en oito décimas de PIB sobre a media española

Acadou este mellor comportamento pese a ser a única comunidade que executou en tempo e forma o seu Programa Anual de Endebedamento en 2011. Desde o ano 2008 a Comunidade galega é a terceira que menos aumentou o seu endebedamento e foi 15 puntos menor á media española e sempre nas marxes aprobadas no CPFF.

Galicia ten un ratio débeda/PIB do 12,3%, oito décimas inferior á media española, logo de mellorar en medio punto este diferencial no que vai de lexislatura, segundo os últimos datos facilitados polo Banco de España correspondente ao peche de 2011.

A Comunidade galega presenta este mellor comportamento en ratio débeda/PIB que a media de autonomías, a pesar de ser a única que executou en tempo e forma o seu Programa Anual de Endebedamento.

Desde o ano 2008 a Comunidade galega é a terceira que menos incrementou o seu endebedamento, cun 77,2%, máis de 15 puntos menos que a media de autonomías, que o fixeron un 92,9%.

Ademais, no que vai de lexislatura o Goberno autonómico incrementa o seu nivel de endebedamento sempre nas marxes aprobadas no seo do Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF).

Por outra banda, se se inclúe a débeda das empresas públicas, Galicia ten un diferencial positivo aínda maior, xa que ten unha ratio de débeda do 12,7%, fronte ao 14,4 da media de comunidades. Isto significa que a débeda das empresas públicas galegas é 3,5 veces menor que a media, a quinta comunidade con menor endebedamento. Igualmente compróbase que Galicia aposta pola transparencia e non a concentra endebedamento nas empresas públicas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES