Notas de prensa

Semana das Letras Galegas no Restaurante Paprica Lugo

O restaurante Paprica de Lugo celebra as Letras Galegas na memoria do escritor pontevedrés Valentín Paz Andrade. Aparte de poeta foi coñecido pola súa acción política e ensaística sobre a industria marítimo-pesqueira.

Para conmemorar esta importante labor esta semana poderase disfrutar dun menú baseado en productos co selo de calidade "pescadaría ¿de onde se non?".

Esta certificación obtiverona os pescadores, productores, mariscadores ,lonxas e restaurantes que venden peixes e mariscos das nosas costas capturados con artes de pesca artesanal e selectiva e cun especial respeto polas especies en veda. Ademáis os alimentos que obteñen o selo nunca terán máis de 24 horas de frescura dende a súa captura ata a chegada á lonxa, esta certificación garante a sostenibilidade tanto das especies como do sector.

O menú, que poderá disfrutarse durante toda esta semana contará con platos como:

Navallas á tixola con caviar de Albariño e cítricos.
-"Rossejat’’ con calamar da ría, verduras e tinta.
-Merluza do pincho con arroz de culler é azafrán.
-"Fresas e nataÂ’Â’

O mellor tributo gastronómico á terra e á obra dun home polífacético que compaxinou poesía con ensaios etnográficos e publicacións periodísticas.

www.paprica.es
www.empresasdegalicia.es/empresa/restaurante-paprica-11173
www.escaparategallego.com/tienda/paprica

Ãlvaro Villasante Armas, 2012-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES