Notas de prensa

Preséntase o Plan Téxtil Moda Visión 2020 en Modaberta 2012

A directora de Comercio lembrou que o Goberno galego está a desenvolver o Plan Téxtil Moda Visión 2020 para apoiar a reactivación dunha das principais actividades industriais galegas. O fixo nas xornadas Modaberta 2012, no Barco de Valdeorras.

A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, trasladou o apoio da Xunta de Galicia ao sector téxtil galego na clausura das xornadas Modaberta 2012, organizadas polo centro comercial aberto O Barco Aberto.

A directora lembrou que o Goberno galgo está a desenvolver o Plan Téxtil Moda Visión 2020 para apoiar a reactivación dunha das principais actividades industriais galegas, de cara a xeración de riqueza e emprego.

Neste encontro, Nava Castro quixo destacar tamén a aposta dá Conselleria polo desenvolvemento do pequeno e mediano comercio do Barco de Valdeorras, ao abeiro do Plan Ãgora Agora Re-Comercia, deseñado pola Xunta na procura da modernización e a reactivación da actividade comercial nos concellos galegos.

A directora de comercio salientou o esforzo dinamizador do Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras, que ten sido apoiado neste exercicio con mais de 54.000 euros pola Consellería de Economía e Industria, para favorecer que continúe co desenvolvemento de sistemas de fidelización e dinamización comercial nas distintas campañas de primavera, verán, outono e inverno.

Neste sentido, a directora de Comercio lembrou que a aposta da Xunta de Galicia, e moi especialmente da Consellería de Economía e Industria, está co desenvolvemento do pequeno e mediano comercio galego, capaz de impulsar a reactivación da actividade económica dos concellos galegos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES