
Claudio RodrÃguez Fer foi profesor invitado de Literatura Española e Hispanoamericana na Universidade de Alta Bretaña en 1995 e, dende entón volveu decenas de veces a disertar ou a recitar poesÃa a Bretaña, onde tamén exerceu como profesor visitante na Universidade de Bretaña Sur en Lorient.
A súa poesÃa foi traducida a numerosas linguas do mundo, incluÃdas o francés, no libro Voyages à toi (Viaxes a ti), e o bretón, no libro Muioc'h kalz eget mil bloaz (Moito máis que mil anos). Ademais, participou en varios congresos en Bretaña e publicou alà moi diversos escritos. Froito das súas estancias nos paÃses celtas son moitos dos seus poemas, recollidos no libro Amores e clamores, e dos seus relatos, recollidos no libro Contos e descontos, asà como a súa memoria Meus amores celtas, publicada en Unión Libre.
A Universidade da Alta Bretaña concedeu o tÃtulo de Doutor Honoris Causa a outros escritores hispánicos, como o peruano Mario Vargas Llosa, o chileno Jorge Edwards ou o franco-español Jorge Semprún, pero Claudio RodrÃguez Fer será o primeiro galego ao que se lle faga tal distinción. A súa investidura está prevista na Universidade da Alta Bretaña, en Rennes, para o 28 de xuño.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.