Notas de prensa

Inícianse os trámites para a creación da primeira Axencia Tributaria de Galicia en 30 anos de autonomía

Según Feijóo: “o obxectivo é ser máis eficaz na prevención e na loita contra o fraude fiscal e prestar mellor servizo de asesoramento para que os galegos podamos contribuír de forma máis axeitada a pagar os nosos impostos sen necesidade de que se vexan incrementados”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na rolda de prensa do Consello, o inicio dos trámites para a creación da primeira Axencia Tributaria de Galicia en 30 anos de autonomía, “máis eficaz, máis eficiente e cunha mellor asistencia para todos os galegos”. “O obxectivo é ser máis eficaz na prevención e na loita contra o fraude fiscal e prestar mellor servizo de asesoramento para que os galegos podamos contribuír de forma máis axeitada a pagar os nosos impostos sen necesidade de que se vexan incrementados”, aseverou.

Nun primeiro termo, Feijóo explicou que maior eficacia significa incrementar un 20% a recadación por impostos propios e impostos cedidos, o que supón un incremento de 20 millóns de euros cada ano de ingresos á facenda pública. “E máis eficiente significa reducir os custes de funcionamento en 15 millóns de euros nun cuadrienio; é dicir, algo máis de 4 millóns de euros anualmente. Isto significa, en termos de maior recadación e en termos de menor custe na xestión da recadación, uns 24 millóns de euros máis cada ano na facenda autonómica sen incrementar os impostos, case 100 millóns de euros nunha lexislatura”.

Así mesmo, o titular da Xunta subliñou que o novo organismo suporá, tamén, unha mellor asistencia para os cidadáns, “porque temos o compromiso de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias aos galegos para non incorrer en multas ou para non incorrer en liquidacións complementarias ou liquidacións paralelas por falta de coñecemento no momento da liquidación dos impostos cedidos ou dos impostos propios”.

A Axencia Tributaria de Galicia persigue un triplo exercicio de austeridade, de profesionalización e de coordinación para poder cumprir un dobre obxectivo: “fortalecer o cumprimento tributario a través da loita directa contra o fraude fiscal, tamén con actuacións tendentes ao pagamento voluntario deses tributos; e poñer en marcha un sistema completo de asistencia ao contribuínte”.

En relación ao exercicio de austeridade e simplificación administrativa, Feijóo salientou que o novo organismo supón a desaparición da Dirección xeral de tributos, das cinco xefaturas provinciais ou territoriais da Consellería de Facenda e a desaparición das 42 oficinas liquidadoras de impostos. “E potenciamos a escala superior e técnica de finanzas para que cada vez haxa uns funcionarios máis competentes, máis especializados na xestión, tramitación e liquidación dos tributos propios da Comunidade autónoma”, explicou en relación á profesionalización.

No tocante ao exercicio de coordinación, o responsable do Goberno galego precisou que a Axencia Tributaria de Galicia aglutinará todas as funcións tributarias que nos corresponden polos impostos propios e polos impostos cedidos da comunidade autónoma. “Polo tanto, un único organismo para todos os impostos propios e cedidos estatutarios, propios e cedidos a Galicia”.

Amais dunha aposta clara polas novas tecnoloxías, Feijóo subliñou que a Axencia busca reducir ao mínimo a burocracia; “e, neste eido –explicou- estamos traballando xa nos aplicativos para concretar unha xanela única telemática que permita conectar ao contribuínte cos diferentes rexistros -xa sexa da propiedade ou mercantil-, e que permita ao contribuínte cumplimentar todos os trámites que ten que realizar, tanto o outorgamento da escritura pública no notario e a inscrición no rexistro, e a liquidación dos actos ou dos negocios que tributan”.

Dentro da mellora do servizo de asistencia ao contribuínte, o presidente da Xunta destacou, amais, a creación dunha área de información e de asistencia para os contribuíntes e departamentos de información e de asistencia –un en cada unha das delegacións da axencia-. “Crearase un servizo de atención telefónico e de postos de atención continuada e imos, tamén a facilitar cita previa para evitar desprazamentos e esperas a aqueles contribuíntes que queiran facer unha consulta para cumprir mellor as súas obrigas tributarias”, engadiu.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES