Notas de prensa

O Centro Demostrador TIC ofrece un obradoiro de aplicacións para smartphones e redes sociais

É o segundo dun ciclo de actividades orientadas á capacitación sobre novas tendencias tecnolóxicas para pemes TIC.

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle o xoves 10 de maio o obradoiro sobre “Aplicacións para smartphones e redes sociais, no que se ofrecerá ás pemes do sector tecnolóxico información sobre o negocio das aplicacións para teléfonos intelixentes (smartphones) e para diferentes redes sociais que operan en Internet.

Na actualidade o negocio de desenvolvemento de aplicacións para Smartphones e Facebook é un dos máis rendibles para as pequenas e medianas empresas do sector TIC, polo que a través deste obradoiro se lle axudará a estas empresas a identificar as diferentes oportunidades que ofrecen. Ao longo do obradoiro trataranse aspectos como as canles de comercialización destas aplicacións, as estratexias de martketing ou as principais ferramentas de desenvolvemento e realizarase un caso práctico.

O obradoiro terá lugar en horario de mañá de 09:00 a 14:00 e horario de tarde de 15:00 a 19:00 e está distribuído en módulos teóricos e un módulo práctico, baseado na elaboración dunha destas aplicacións.

A xornada abrirase cunha charla maxistral do sociólogo Enrique Martínez Marín, quen foi Director tanto do Observatorio das Telecomunicacións e para a Sociedade da Información de Red.es, como do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO),

O resto do obradoiro será impartido polo enxeñeiro Rubén García Magaz, socio da empresa EZEQ Solucións Tecnolóxicas, na que dirixe o departamento de I+D e de comercialización de apliacións para móbiles.

As últimas xornadas do Ciclo

O taller “Aplicacións Smartphones e Redes sociais” é o segundo dos Talleres dos Ciclos de Tendencias Tecnolóxicas, que se pechará co “Cloud Computing” o mércores 23 e o xoves 24 de maio.

O obxectivo deste taller é ofrecer ás empresas TIC toda a información necesaria sobre o Cloud Computing desde unha perspectiva no só tecnolóxica, senón tamén como un novo referente de modelo de negocio e desenvolvemento.

CDTIC

O Centro Demostrador TIC, posto en marcha pola Xunta de Galicia, constitúe un espazo de referencia co obxecto de difundir as vantaxes da incorporación de TIC en pemes, impulsando a creación de espazos de encontro entre a oferta do sector TIC e a potencial demanda de pemes, difundir as vantaxes da incorporación das TIC aos procesos produtivos, facilitar a transferencia de tecnoloxía, servizos especializados e coñecemento entre o sector TIC e as pemes, así como a de asesorar, capacitar e formar tecnoloxicamente ás empresas.

O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade pública empresarial Red.es.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES