
GADIS únese á celebración do 50 aniversario do DÃa das Letras Galegas desenrolando diferentes iniciativas culturais para fomentar a escritura e a lectura en galego e impulsar a edición de libros nesta lingua. Os Supermercados Gadis de Galicia regalarán o 16 de maio e ata fin de existencias 30.000 exemplares da novela de intriga e terror: “Formigas”, dirixida ós adultos.
“Formigas”, escrita por Tucho Calvo e ilustrada por Juan Carlos Abraldes, ambiéntase nunha lúgubre aldea illada nun val que un dÃa viviu o esplendor da época das minas de wolfram, onde ten lugar un sórdido parricidio. As indagacións dun xornalista descobren misterios e intrigas que atrapan a tódolos habitantes silenciosa e implacablemente, o que permite manter a curiosidade do lector ata o final.
Supermercados Gadis, que forma parte de GADISA, amosa o seu compromiso cos escritores en Lingua Galega regalando por 10º ano consecutivo unha obra en tódolos seus establecementos de Galicia. Na última década repartiu gratuitamente, en total, 175.000 libros de estilos moi variados e dirixidos a diferentes públicos: infantil, xuvenil e adulto.
Asimesmo, a empresa de distribución achegará a miles de fogares en Galicia unha pequena representación da obra e da figura do autor homenaxeado no 50 aniversario da institución do 17 de maio como DÃa das Letras Galegas: ValentÃn Paz-Andrade.
Máis de 2 millóns de bolsas da compra convertiranse nun soporte cultural ó levar impresa unha imaxe de ValentÃn Paz Andrade e o seguinte texto firmado polo autor:
O porvir da lingua: “A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño”
GADIS sumouse tamén este ano ás celebracións promovidas pola Real Academia Galega, copatrocinando un libro que repasa o medio século de historia das Letras Galegas, a través de tódolos autores homenaxeados nas diferentes edicións, dende RosalÃa de Castro ata ValentÃn Paz-Andrade. A obra é unha mistura de estilos, épocas e escritores, de séculos pasados e contemporáneos, que xunta o máis representativo da Literatura en Lingua Galega.
A estas iniciativas culturais que GADIS pon en marcha de forma puntual ó fÃo das Letras Galegas, súmanse outras que desenrola ó longo do ano, que se enmarcan no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, con máis de 800 accións anuais de Ãndole cultural, social e deportivo, de carácter solidario e medioambiental.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.