
Augas de Galicia confirma que a situación das reservas de auga nos encoros de abastecemento da demarcación hidrográfica Galicia-Costa recuperáronse completamente tras as choivas rexistradas no mes de abril e no que vai de maio. As reservas nos encoros de abastecemento encóntranse ao 98,39%, o que supón máis de 10 puntos por encima do nivel no que se encontraban nas mesmas datas do ano pasado. Ademais, por primeira vez no que vai de ano, os encoros de abastecemento en conxunto ten unha ocupación maior que a media de ocupación nas mesmas datas dos últimos 5 anos, o que é unha boa noticia de cara ao verán.
Salvo os encoros de Caldas de Reis e VilagarcÃa, que están en todo caso a uns bos niveis do 84,91 e 85,52% respectivamente, o resto de encoros de abastecemento presentan niveis de ocupación practicamente do 100%. Os dous de mais capacidade, Cecebre e Eiras, xa acadaron esa ocupación.
Con carácter xeral, incluÃndo os encoros de uso hidroeléctrico, a ocupación actual dos mesmos alcanzan o 68,01% que contrasta coa cifra do 73,31% que se tiña no mesmo perÃodo do ano pasado e reflexa a paulatina recuperación dos niveis dos encoros máis grandes, que son os hidroeléctricos, tras un inverno moi seco.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.