O Encontro Dixital Xuventude Galicia Net que organizou en Santiago a Dirección Xeral de Xuventude pechou un ano máis as súas portas cun balance “moi positivo”. Pasaron polas instalacións desta iniciativa, no Pazo de Congresos e Exposicións, máis de 7.000 persoas. A esta cifra súmanse os máis de 1.000 mozos e mozas que se inscribiron para participar durante os 3 dÃas na intranet.
Unha das iniciativas máis valoradas nesta edición foi o bloque temático dedicado ao emprendemento como saÃda fronte á crise. Máis de 500 participantes participaron ao longo de toda a semana para elixir os tres mellores proxectos, que foron defendidos ante un xurado cualificado durante a tarde de onte.
Ademais, a mesa redonda sobre o emprendemento, que contou con profesionais do ámbito universitario e da empresa privada, debateu as vantaxes e situacións que han de ter en conta os mozos e mozas que se adianten no mundo do emprendemento.
Os asistentes tamén puideron participar nunha sesión de networking non convencional, na que mesturaron as técnicas de citas rápidas. Deste feito, a sesión de networking foi cronometrada para que os participantes puidesen interactuar coa maior parte dos asistentes posibles.
Aforo completo nos relatorios
Os relatorios tamén contaron con moita asistencia de público este ano. As ponencias de Enrique Dans e Leopoldo AbadÃa colgaron o cartel de aforo completo, ao encher a sala habilitada para os seus relatorios, cunha capacidade para 1.500 persoas.
Asà mesmo, é preciso salientar que a oferta formativa foi a máis completa das trece edicións celebradas no Encontro de Xuventude Galicia Net. Abordouse un amplo abano de materias dirixidas para todos os públicos ao longo dos tres dÃas, como, por exemplo, hacking ético, neuromarketing web ou redes sociais.
Con respecto á extranet, onde tiveron lugar as actividades ao aire libre, converteuse nesta edición nun punto de encontro de pais e fillos, mozos e mozas arredor das novas tecnoloxÃas.
As colas sucedéronse todo o fin de semana para acceder aos simuladores de golf ou tiro, Tamén houbo moita afluencia de público nos obradoiros de maquillaxe, no stand de consolas e no de ciencia divertida dirixida para os máis cativos.
Os amantes da arte tamén tiveron un oco no exterior do Pazo de Congresos no que o Graffiti foi o protagonista. Neste senso, os participantes na XGN puideron participar nun obradoiro de iniciación ao graffiti e presenciar unha exhibición desta arte urbana.
Dentro da party realizáronse, ademais, diversas actividades relacionadas co modding, hardware e overclocking. Asà mesmo, destacaron os campionatos de xogos con pc´s como o de Counter Strike 1.6, League of Legends, Super Street Fighter 4, ProEvolution Soccer. Para competir sen os ordenadores, houbo lanzamento de CD, air guitar ou dobraxe, entre outras.
Por último, as noites temáticas de cine, a novidade desta edición da land party tamén foron un éxito. Ao longo da fin de semana Xuventude Galicia Net non pechou as súas portas pola noite, ofrecendo de balde noites de cine temáticas de acceso libre.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.