
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica colabora na celebración da Festa da Lingua que promove anualmente a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia. Ao acto de inauguración asistiu o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica ValentÃn GarcÃa, quen animou os escolares dos centros católicos “a seguir participando na promoción da lingua propia de Galicia, no eido literario e en todos os eidos da vida, e mais a seguir desfrutando da ledicia de termos un idioma coma o galego”.
No marco desta celebración, daranse a coñecer os galardoados na categorÃa de primaria do Premio Frei MartÃn Sarmiento, que resolve o alumnado votando polas súas novelas favoritas. GarcÃa Gómez valorou a participación dos rapaces e rapazas na resolución deste certame e indicou que “esa mesma participación activa a prol da lingua se espera de vós no futuro”. Ademais, durante a Festa da Lingua, celébranse obradoiros variados e encontros dos rapaces e rapazas cos seus escritores favoritos.
O incremento constante da participación nesta celebración obrigou á organización a celebrar este ano a festa en varias localidades galegas, co fin de repartir o alumnado en distintas localidades. Ademais de en Santiago, a Festa da Lingua celebrouse en Ourense o 19 de abril e en Pontevedra o 24 do mesmo mes. Deste xeito, a iniciativa que impulsa a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca) en colaboración con Cultura e Educación reunirá na presente edición máis de 1.000 alumnos e alumnas de primaria de diversos centros de ensino pertencentes á federación.
Colaboración de Ferega con Cultura e Educación para promover o uso da lingua
Ferega está a desenvolver un amplo programa de actuacións destinadas a impulsar o uso do galego na súa actividade, no marco do convenio de colaboración coa ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica.
Neste sentido, distribúe modelos de documentación e manuais de galego para o persoal de administración dos centros e material para as principais festas do ano litúrxico, o servizo Remol e material pastoral en galego, libros de oracións infantÃs e folletos coas respostas da misa en galego.
Canto ás actuacións dirixidas á docencia, o convenio inclúe a realización de cinco cursos de formación para o profesorado, ademais doutras xornadas e actuacións informativas destinadas a favorecer a normalización deste colectivo, entre as que destaca a VIII Xornada de Normalización LingüÃstica Ferega-Ceca, asà como a posta en marcha do “Intercambiador de material didáctico” en liña. Para o alumnado, inclúe, ademais desta nova edición da Festa da Lingua, a V Edición do Concurso de Curtametraxes “Rec-Curta” e a IX Edición do Premio Frei MartÃn Sarmiento.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.