
A edición deste ano do Xuventude Galicia Net, que terá lugar desde o venres, 4 de maio, e ata o domingo, fará énfase na formación, a creación de empresas, as oportunidades de traballo baseadas nas novas tecnoloxÃas e a procura activa de emprego para a xuventude que se dea cita no evento.
Trátase do maior ‘Lan-party’ da Comunidade e celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. Esta edición de 2012, a décimo terceira, contará con persoas con grande experiencia no mundo empresarial: altos directivos e empresarios que poidan cubrir as necesidades que a xuventude galega demanda á hora de iniciar o emprendemento empresarial.
Para mellorar a formación e a preparación en materia de novas tecnoloxÃas, e totalmente de balde para quen se achegue, deseñouse unha grella de relatorios onde se contará con expertos reputados nas súas áreas como o profesor da IE Business School, Enrique Dans; o profesor Leopoldo AbadÃa; ou o social media Rubén Bastón.
Para os pais e nais tamén están previstas actividades co obxectivo de facer accesibles certos contidos e tecnoloxÃas que, a primeira vista, so parecen influÃr aos máis mozos. Para a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, os pais son un dos colectivos máis numerosos e comprometidos, xa que moitos dos seus fillos ou ben son participantes ou ben se acercan a participar das actividades gratuÃtas dun evento para todos os públicos.
A situación económica mundial faise presente nesta edición dun xeito innovador: prestando especial atención ao emprendedurismo como saÃda laboral. Para iso, contarase con especialistas na materia como Javier MegÃas e directivos de empresas, asà como se celebrarán obradoiros sobre as últimas novidades do sector como a reciclaxe de aparatos eléctricos ou neuromarketing.
Nesta edición de XGN estará presente a Axencia para a Modernización Tecnolóxica cun stand e unha conferencia na que varios relatores relacionados co software libre exporán as oportunidades laborais que hai detrás do mesmo, asà como proxectos das súas empresas relacionados co software libre.
Para os máis habilidosos, tamén haberá actividades nesta XGN. Complementando a oferta formativa, a edición 2012 da XGN prevé multitude de actividades e obradoiros de carácter práctico.
Os exteriores do Pazo de Congresos e Exposicións e o hall de entrada acollerán as actividades da extranet, abertas a todos os públicos. No exterior do recinto todas aquelas persoas que se achegen á XGN poderán facer uso das instalacións de paintball, rocódromo, diversos xogos e o obradoiro de graffiti que se organizan como actividades nesta edición, e, no interior do Pazo, contarase con stands de consolas e videoxogos, ciclos temáticos de cine, maquilladores e mesmo un stand sobre ciencia divertida para despertar o interese cientÃfico nos máis cativos, diversos xogos, e todo de maneira totalmente gratuÃta para aqueles que queiran achegarse.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.