
Galicia rexistrou no primeiro trimestre do ano un total de 497.066 viaxeiros aloxados no conxunto da oferta turÃstica regrada, un 1 % máis que en relación ao observado no mesmo perÃodo do ano pasado, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de EstadÃstica (INE).
Por tipoloxÃas, os establecementos hoteleiros rexistraron un total de 474.487 viaxeiros, un 0,4% máis que no perÃodo xaneiro-marzo de 2011. No caso da oferta extrahoteleira, contabilizáronse un total de 22.579 viaxeiros, o que supón un 15,8% máis en relación ao ano anterior. As pernoitas, que se situaron nun total de 43.869, tamén rexistraron neste segmento unha suba do 1% respecto ao primeiro trimestre de 2011.
Xa que logo, todas as modalidades da oferta extrahoteleira rexistraron variacións interanuais positivas. Os apartamentos turÃsticos foron os que rexistraron unha suba maior, un 35,2% máis respecto aos tres primeiros meses de 2011. O ascenso no caso dos campamentos turÃsticos foi do 16,9% e o dos establecementos de turismo rural situouse nun 8,1%.
A estas cifras hai que engadir as referentes ao excursionismo estranxeiro facilitados por Frontur, que analiza os movementos en fronteira. En total, de xaneiro a marzo, rexistráronse 1.056.427 excursionistas estranxeiros, o que supón un 3,4% máis respecto dos tres primeiros meses de 2011.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.