Notas de prensa

Ourense recibe o galardón Google cidade dixital

O xoves 19 de abril representantes da empresa española Google entregan o premio “Google Cidade Dixital” a Ourense. A rede “Ourense WIFI” conta xa con 42 accesos a internet na cidade.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, recolle o,xoves, día 19 de abril, o galardón que a empresa líder do sector en búsquedas online, Google, lle concede á cidade de Ourense. Este premio, denominado “Google cidade Dixital” celebra a súa primeira edición querendo recoñecer a aquelas pequenas e medianas cidades españolas que potencian o uso das novas tecnoloxías entre os seus cidadáns e no seu tecido empresarial.

O premio distingue a Ourense como cidade que favorece, a través de distintas iniciativas, a presencia das pemes en internet e o emprego de ferramentas de márketing online. Google, buscador online e unha das empresas con mellor valoración a nivel mundial recoñece o labor da cidade, no eido público e privado, na súa aposta por achegar as novas tecnoloxías ós cidadáns e pola súa implicación coas pemes e o seu desenvolvemento dixital.

Ourense é a primeira cidade galega en recibir o galardón, pola súa aposta polo uso de internet e as ferramentas de márketing online, fomentando a innovación tecnolóxica e a implantación de novas aplicacións dixitais e incremento do comercio electrónico.

O premio recoñece que a presencia online é cada día máis unha necesidade dende o punto de vista da competitividade empresarial, coma así sucede co incremento do comercio electrónico e co emprego das redes sociais para adquirir notoriedade e difusión corporativa, acudindo á denominada xestión 2.0.

Dende o Concello de Ourense, sabedores desta realidade, estanse a desenvolver políticas e iniciativas dirixidas a fomentar a xestión online e a aposta polas pequenas e medianas empresas, así coma os emprendedores que buscan na rede unha oportunidade empresarial.

42 puntos WIFI

No mesmo acto, o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Agustín Fernández, dará a coñecer o último balance de utilización da rede “Ourense WIFI”, que dende a súa posta en funcionamento conta xa con 42 puntos de acceso na cidade.

As zonas e parques máis representativos da cidade están xa dotados de cobertura e acceso á rede WIFI, como a rúa do Paseo, a Praza Maior, Parque das Mercedes, San Lázaro, Avilés de Taramancos ou a Molinera, entre outros, xunto con zonas do Rural coma Mende, Beiro, Palmés, Seixalbo, Quintela, Cudeiro ou Rairo.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2012-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES