Notas de prensa

Sete millóns de euros para a galeguización da banca

Nóminas cuantificadas en sete millóns de euros anuais domiciliaranse nun banco ou caixa de aforros que se galeguice.

A Mesa pola Normalización Lingüística fai unha valoración moi positiva da primeira etapa da campaña O galego, sempre en conta, que ten como obxectivo introducir o galego nos bancos e nas caixas de aforros. Esta acción estase a desenvolver desde hai menos catro semanas e xa move nóminas valoradas en algo máis de sete millóns de euros anuais (uns 1.160 millóns de pesetas). Ademais, o Presidente da Mesa, Carlos Callón, salienta que aínda estamos nunha primeira fase da campaña, polo que sabemos que se van mover cantidades de diñeiro moi superiores.
Os máis de sete millóns de euros correspóndense coas nóminas das persoas que están dispostas a domiciliar os seus ingresos mensais nunha entidade bancaria que se comprometa a dar pasos importantes na súa galeguización. Esta carteira de clientes que está a reunir A Mesa entregarase á entidade ou entidades que se galeguicen e, posteriormente, será o banco ou caixa de aforros quen se poña en contacto con cada cliente e negociará o acordo definitivo. Noutra palabras, para que os bancos utilicen a nosa lingua, decidimos utilizar a súa linguaxe: a do diñeiro, indica Carlos Callón.
A Mesa está a facer palpábel a través desta campaña un dato que xa sinalaban diferentes estudos: que a nosa lingua é recibida positivamente por parte da clientela nas relacións comerciais e financeiras. Por exemplo, no estudo Publicidade e lingua galega, do Consello da Cultura Galega, indícase que unha ampla maioría da poboación vería con moi bos ollos que mesmo os bancos foráneos se anunciasen en galego.
O banco ou caixa de aforros ao que se lles ceda a carteira de clientes interesados no uso do galego ha de cumprir os seguintes requisitos:
- Ter ao dispor do público todo tipo de formularios en galego e en modelos monolingües.
- Ter en galego a rotulaxe interna da entidade.
- Desenvolver as campañas publicitarias, cando menos, en galego.
- Os caixeiros automáticos terán a opción de galego. Ademais, a opción de mudanza para outra lingua debe partir desde o galego.
- As páxinas web terán opción en galego, debendo tamén estabelecerse a opción de mudanza desde o galego.
- A correspondencia comercial farase en galego, salvo que o cliente solicite que se faga noutra lingua.
- A banca telefónica terá a opción da atención en galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística olla esta iniciativa con optimismo, xa que as posibilidades de éxito vense incrementadas ao negociar con importantes partidas económicas.
A Xunta de Galiza tamén debe impulsar a galeguización da banca
Para alén do que é o esforzo dos particulares, A Mesa considera que a Xunta de Galiza tamén se debe implicar activamente na introdución do noso idioma neste sector estratéxico para a normalización da lingua.
Neste sentido, recorda que representantes da Mesa e dos sindicatos CCOO, CIG e UXT se reuniron co Director Xeral de Política Lingüística hai algúns meses para lle solicitar unha serie de medidas de galeguización do sector, sen recibir aínda resposta oficial ningunha.

A Mesa pola Normalización Lingüística, 2004-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (vilablues-2026.jpg) Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalaría, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades específicas de Galicia.

Notas

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos. Con isto responden afirmativamente nas dimensións n = 4 e n = 6 unha pregunta que o xeómetra francés Marcel Berger formulou en 1965 e que se resistira durante seis décadas.
No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES