O 16 de abril abre o perÃodo de inscrición para a XIII edición de Xuventude Galicia Net, que se celebrará do 4 ao 6 de maio no Pazo de congresos e exposicións de Galicia de Santiago de Compostela. Nesta edición, poderán participar uns 1.000 mozos e mozas na ‘partyÂ’, aos que se sumarán os asistentes que acudan ás actividades de acceso libre que se desenvolverán durante estes dÃas.
Para inscribirse, os interesados deben seguir as instrucións que aparecen na web do evento, á que poden acceder desde a páxina web http://xuventude.xunta.es. As prazas serán asignadas por rigoroso orde de inscrición.
A prioridade deste ano é a proposta formativa e a busca de emprego para os mozos e mozas que participen no evento, e para iso contarase coa presenza de profesionais e expertos do sector das novas tecnoloxÃas e da empresa xeral. AsÃ, durante os tres dÃas celebraranse charlas e conferencias con poñentes recoñecidos nacional e internacionalmente, asà como obradoiros, charlas-coloquios e mesas redondas. O obxectivo é consolidar a formación deste evento como un referente a nivel nacional no mundo das novas tecnoloxÃas.
As xornadas dividiranse en catro temáticas principais: o emprego e as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxÃas; a formación dedicada aos pais; as startupÂ’s; e o ciber voluntariado. Para cada área, reuniranse profesionais das distintas disciplinas para amosar as súas experiencias.
Ademais, haberá tamén tempo para o ocio, e os exteriores serán tamén unha extensión do Xuventude Galicia Net. Os interesados poderán, entre outras actividades, empregar o campo de paintball; asistir ás noites temáticas de cine, consolas e videoxogos; ou asistir a cursos de defensa persoal, xogo do pau, e esgrima antiga europea.
Todas estas actividades da “extranet”, asà como as charlas, serán de balde e de acceso libre.
Xa dentro propiamente da ‘party’ desenvolveranse competicións oficiais de videoxogos; realizaranse competicións de “Future Arena Torunament”, a liga amateur de e-sports que se vén realizando nos encontros informáticos de diversos puntos de España. Deste xeito, os participantes poderán xogar cos seus ordenadores nos campionatos de Counter Strike 1.6, League of Legends, FIFA 2012, Super Street Fighter 4, Trackmanis, Quake Live e Tekken 6.
Na ‘party’ tamén se levarán a cabo distintas actividades relacionadas co ‘modding’ (consistente en modificar, de forma estética ou funcional, os ordenadores), hardware e ‘overclocking’ (unha técnica que consiste en aproveitar ao máximo os compoñentes orixinais dun sistema informático para que funcionen a maior rendemento), a través de obradoiros, charlas e exhibicións.
Por exemplo, no obradoiro de “modding” os participantes poderán adquirir coñecementos sobre como confeccionar os seus propios deseños e a súa posterior plasmación nos equipos informáticos. Cabe destacar que este ano, por primeira vez, celebrarase o “Torneo nacional de modding: Premio Xuventude.net”, primeira fase galega do “Future Modding Tournament” nas categorÃas de casemod e casecon.
Xa no eido do overclocking, haberá unha charla na que os interesados poderán informarse sobre como acadar o maior rendemento do seu ordenador. Nesta actividade, combinarase a formación teórica cun taller práctico.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.