Notas de prensa

Víctor López, reelexido presidente de Eganet

Víctor López repite como presidente nunha candidatura que completan Alejandro Lamas, Ana Búa, Rafael Villaverde, Mónica Moure e Xulio César González e que os socios apoiaron por unanimidade.

A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) celebrou a súa Asemblea Xeral Anual o mércores 28 de marzo no Museo Pedagóxico de Galicia, en San Lázaro. Nela, as empresas socias ratificaron co seu voto unha nova Xunta Directiva que marcará o camiño da asociación nos próximos dous anos, segundo contemplan os nosos estatutos.

A candidatura encabezada por Víctor López, de Ava Soluciones, foi respaldada por unanimidade polas socias, ao igual que ocorreu cos postos de libre postulación. Coas votacións do mércores, as empresas danlle lexitimidade e continuidade aos obxectivos e valores que moveron a Eganet neste tempo e que a levaron a ser un referente no sector a nivel galego. Deste xeito, a Xunta Directiva queda conformada do seguinte xeito:

 Presidencia: Víctor López
 Vice-presidencia 1ª: Alejandro Lamas, de Sixtema.
 Secretaría: Ana Búa, de Iterdata
 Tesourería: Rafael Villaverde, de Infonet
 Vice-presidencia 2ª: Mónica Moure, de Ceo Aberto
 Vogal: Xulio César González, de Teaxul

Os socios aprobaron tamén o proxecto e a xestión que a Xunta Directiva saínte -na que repiten o presidente e Alejandro Lamas, anterior secretario que ocupa agora a Vicepresidencia 1ª- levou a cabo nos últimos dous anos.

Outra das cuestións que se tratou ao longo da xuntanza foi a aprobación das altas e baixas de socios, cun balance altamente positivo: dende a anterior Asemblea Xeral ata esta, 20 empresas entraron a formar parte de Eganet, mentres que 7 deron de baixa no mesmo período, case todas por unha lamentable quebra empresarial por mor da situación económica, tal como destacou Víctor López na presentación deste punto.

As novas socias son: VyP Estudio, Human Soft, Pézcalo, Confirmsign, Explica Ingenieros, Redegal,Agalip, Galebook, Agil-AZ, Desonhos, Tagen ATA Lingua e Comunicacións, Tesla Technologies & Software, Camburweb, La Nautica Servicios Náuticos, Elo Technologies, Trileuco Solutions, Consultoría Informática del Noroeste, Streaming Galicia, Avansig e Movendo Soluciones.

Se ben a elección dos novos cargos e a aprobación das altas e baixas foron temas destacados na Asemblea, tratáronse tamén outras cuestións do interese dos socios: expuxéronse os informes de xestión e económico, a boa acollida e repercusión dos Premios Eganet deste ano, os proxectos, colaboracións e iniciativas nos que está inmersa Eganet e as relacións institucionais, entre outros temas.

Xa cara ao final, o turno de rogos e preguntas suscitou interesantes reflexións dos socios que serviro para expoñer inquedanzas, ideas, erros e acertos, algo que tanto a nova Xunta Directiva como o equipo de xestión terán en conta nesta nova etapa de Eganet.

O respaldo ao novo equipo directivo notouse tanto na propia xuntanza como nas redes sociais, onde un bo número de persoas manifestou a súa satisfacción polos resultados desta elección, aproveitando tamén para parabenizar á Xunta saínte polo seu traballo e desexarlle sorte aos actuais representantes de Eganet.

Gabinete de Comunicación de Eganet, 2012-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES