
O conselleiro de EconomÃa e Industria, Javier Guerra, mostrou o descontento da Xunta de Galicia ante o plan de viabilidade remitido pola estaleiro vigués Barreras. Guerra cualificou a proposta elaborada polos accionistas da empresa de incompleta e insuficiente e salientou que está baseada na esixencia ás partes implicadas pero non conta co compromiso firme dos accionistas, condición da Xunta para apoiar o plan.
O conselleiro fixo fincapé na implicación do Goberno galego coa busca de solucións para os traballadores de Barreras e a súa industria auxiliar, e recoñeceu que tras meses esperando esta proposta, agora vese que non conta co apoio decidido da dirección polo que salienta que “é imprescindible un maior compromiso e a ampliación e detalle do plan”.
Guerra lembra que a Xunta de Galicia é parte da busca de solucións, polo que esixe unha maior implicación dos accionistas para o mantemento do estaleiro e mais a súa industria auxiliar. Ademais, lembroulle aos propietarios que a Xunta de Galicia respaldará un proxecto serio, solvente e que conte co compromiso das partes implicadas, e sobre todo, que conte coa intención dos propietarios de sacar adiante a empresa.
O conselleiro anunciou a convocatoria dunha reunión entre as partes co fin de analizar posturas, estudar propostas, e barrallar alternativas que garantan a viabilidade do estaleiro.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.