
A programación de 2012 do Salón Teatro de Santiago ábrese ao audiovisual galego coa estrea o mércores 8, ás 20.30 horas, da curtametraxe Conversa cunha muller morta, escrita e dirixida pola realizadora galega Sonia Méndez e interpretada por LuÃs Zahera e Camila Bossa. A fita conta cunha achega económica da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por un importe de 4.900 euros, adxudicada a través da convocatoria 2011 de subvencións ao desenvolvemento e promoción do talento galego audiovisual galego, no marco da que se apoiaron 18 proxectos de novos creadores cun total de 149.992 euros.
En referencia á convocatoria de axudas ao sector audiovisual prevista para 2012, o director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, avanzou a previsión de que unha primeira parte sexa publicada durante o mes de marzo, incidindo ademais en que a prioridade é “o mantemento do tecido produtivo e a preservación na medida do posible dos postos de traballo do sector”.
Fasero participou hoxe na presentación aos medios deste pase, que contou asemade coas intervencións de Blanca Cendán, directora do Centro Dramático Galego (CDG) e do Salón Teatro, e Sonia Méndez. As entradas para a estrea son gratuÃtas, previo paso polo despacho de billetes do teatro, que estará aberto desde as 18.30 h e onde se poderá retirar un máximo de dúas localidades por persoa.
A voz das vÃtimas
Gravada en versión orixinal galega, Conversa cunha muller morta aborda o drama da violencia de xénero desde unha perspectiva estética máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social, dándolles voz ás súas vÃtimas a través da súa protagonista: Elena, unha muller asasinada polo seu home que regresa ao mundo dos vivos para enfrontarse ao seu verdugo e buscar explicación ao inexplicable.
LuÃs, o asasino, acaba de saÃr do cárcere despois de cumprir 15 anos de condena e, de volta na casa que compartÃa con Elena, esta aparéceselle para lle ofrecer unha oportunidade de salvación: no “máis alá” a xustiza dos humanos non será suficiente, a non ser que lle dea un motivo polo cal cometeu o crime.
Como explica a súa directora, Conversa cunha muller morta quere ser unha homenaxe a “todas as mulleres que sufriron e sofren a violencia de xénero” e un modo de lles “dar voz ás que xa non poderán contarnos a súa historia”. Nas súas nota de dirección, Sonia Méndez especifica que, neste sentido, o guión partiu do intento de responder unha única cuestión que, á súa vez, deu pé a outras moitas preguntas: “Que sucederÃa se unha vÃtima mortal por violencia de xénero puidese ‘volverÂ’ e ter unha conversa co seu asasino e parella no pasado?”. AsÃ, e sempre desde a premisa de abordar esta temática co máximo coidado, a realizadora procurou un marco ficcional “respectuoso, directo e efectivo” que pon o foco sobre esta conversa vÃtima-verdugo e non sobre a visualización do crime ou da violencia pasada.
Xunto con LuÃs Zahera e Camila Bossa, grandes coñecidos do público galego e español polos seus numerosos traballos en televisión e cine, Sonia Méndez contou tamén no seu equipo de traballo con Nati Juncal na produción executiva, Óscar Chamorro na dirección de fotografÃa, Isabel Tristán na dirección de arte, e Orphan Tracks –plataforma de composición musical para cine integrada por Manuel Sanz e Óscar Chamorro– na banda sonora orixinal, entre outras achegas artÃsticas e técnicas. Villa Honora, no municipio pontevedrés da Lama, e a praza da Independencia de Vigo foron as localizacións nas que se desenvolveu a rodaxe.
FilmografÃa
Esta é cuarta curta asinada por Sonia Méndez (Vigo, 1980), directora e actriz de teatro, cine e televisión, que nestes momentos traballa no desenvolvemento da súa primeira longametraxe coa produtora Xamalú Films, ademais de ser creadora, guionista e intérprete da serie en liña Angélica e Roberta, xunto a Sandra Lesta. Na súa filmografÃa como directora figuran tamén as curtametraxes Perversa Lola (2008), Leo e Mario [déixanse] (2010) e As damas negras (2010), premio na categorÃa EOS Movies do Kaohsiung Film Festival de Taiwan.
Como actriz, deuse a coñecer en 2001 polo seu papel na serie da TVG Terras de Miranda, á que logo seguiron outras como Os Atlánticos. Durante este tempo participou tamén nas longas Rafael de Xavier Bermúdez, Unha muller invisible de Gerardo Herrero, Por min e por tódolos meus compañeiros de Judas Diz ou El sexo de los ángeles de Xavier Villaverde, entre outras. Cunha ampla formación multidisciplinar no ámbito teatral e audiovisual, actualmente traballa como docente en Espazo Aberto, onde imparte o curso anual para actores "Interpretación diante da cámara".
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.