
O punto máis relevante desta campaña é a apertura do Belén Electrónico de
Begonte que cada Nadal, desde 1972, consegue que arredor de 40.000 persoas acudan a Begonte para contemplar esta fermosura electrónica onde se reflicten escenas da vida tradicional da Chaira, os traballos do campo, o
paso dos Reis Magos, os elementos climatolóxicos... todo co fin de facer
cada ano realidade o nome que se lle ven dando a este concello, onde en
lugar de falar do "Belén de Begonte" xa se fala de "Begonte do Belén".
Inauguración
A inauguración, co pregón do Presidente da Xunta de Galicia, leido
pola Delegada territorial da Xunta en Lugo, na que delegou este cometido
por compromisos do seu cargo, abrÃa esta XL edición como vinte anos antes a abrÃa o que pronunciaba o entón Presidente de Galicia, Manuel Fraga
Iribarne. Con este motivo, ofreceu un recital de cancións do Nadal o Orfeón
Lucense, coro titular da Catedral de Lugo, dirixido polo seu titular
adxunto, Marcos Fernández Mosquera.
Abriuse, asà mesmo, de novo o Museo do Belén, que recolle figuras e
edificacións que no seu momento figuraron en diversas edicións do Belén, e
nas continuas renovacións pasaron ó Museo como lembranza da evolución desta instalación.
Desde mediados dos anos setenta, e co gallo do Nadal, o Centro
Cultural convoca os certames NACIONAL DE POESÃA SOBRE O NADAL (patrocinado por Caixa Galicia), CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL (Patrocinado pola Xunta de Galicia), PREMIO GALEGO DE ARTE "JOSÉ DOMÃNGUEZ GUIZÃN" e CERTAME PROVINCIAL DE DEBUXO INFANTIL (Patrocinado por Caixa Rural).
Exposicións
Con motivo do Certame de Arte, e cos traballos artÃsticos
presentados, organÃzase unha mostra doble en Lugo e Begonte. Primeiramente en Lugo móstranse os traballos na Sala de arte da Xunta de Galicia e, con posterioridade, trasládanse á Casa da Cultura de Begonte, á que acode o Xurado para emitir o seu fallo.
E, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e coa
colaboración do Concello de Begonte, exponse ao público a mostra
fotográfica IMAXES DO NADAL, que en anteriores edicións se expuxo en Lugo, Begonte, Outeiro de Rei e Guitiriz. Nesta edición a exposición abriuse nas Casas de Cultura de Cospeito e Vilalba.
O Belén
Como todos estes anos o Belén, abrindo todos os dÃas mañán e tarde,
recibiu preto de corenta mil visitantes de toda Galicia, sendo dignas de
mencionar numerosas visitas colectivas de centros educativos das provincias
de Lugo e A Coruña, con especial incidcencia dos diversos concellos da
comarca da Terra Chá.
Cada sesión do Belén dura arredor de catorce minutos, durante os que
se aprecia o movemento das figuras, o paso dos Reis, o fluir da auga, os
fenómenos naturais... Toda unha lección de vida e tradición que moitos
queren contemplar máis dunha vez para mellor apreciar todos os detalles.
A visita ao Belén de Begonte complétase coa do Museo do Belén,
situado nunha sala de inmediato onde tamén se pode contemplar parte da
colección de arte do Centro Cultural, formada cos cadros premiados nos
diversos Certames galegos de arte.
Clausura
Como é tradicional, o último sábado de xaneiro péchase en Begonte a
longa tempada do Nadal - case dous meses- coa entrega de premios dos
diversos certames e a actuación dunha coral, neste caso a Polifónica
Vilalbesa, dirixida por UxÃo GarcÃa Amor.
Entregaron os Premios o Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha e a
delegada municipal de cultura, Eva Lage; o Presidente de honra do Belén
Electrónico, José Luis Hernangómez Sastre; o responsable territorial de
Cultura e Patrimonio da Xunta de Galicia, José Carlos RodrÃguez Andina en
representación da Delegada Territorial, e o Director Provincial da
Fundación Nova Caixa Galicia, Sinesio Pérez, xunto co Presidente do Centro
Cultural, José DomÃnguez Guizán.
Recibiron os seus garlardóns os premiados nos catro certames anuais
do Centro Cultural:
XXXVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL
Xurado: JESÚS DOMÃNGUEZ GUIZÃN, Presidente do Centro Cultural convocante;
MANUEL GULÃN RODRÃGUEZ, pintor e JESÚS VEIGA SANGIAO, do Centro Cultural
begontino.
Premios:
CATEGORÃA A - Ata 10 anos:
Primeiros premios:
PAULA BARREIRO RODRÃGUEZ. 10 anos. Colexio San Xosé, de Lugo.
AMANDA GARCÃA VALE. 9 anos. Colexio Lois TobÃo, de Viveiro.
ÃNGELA IGLESIAS IGLESIAS. 10 anos. Colexio Virxe do Corpiño, de Begonte.
Segundos premios:
ANA BASANTA GONZÃLEZ. 10 anos. Colexio Lois TobÃo, de Viveiro
EMMA MARÃA REGO EIROA. 8 anos. Colexio Lois TobÃo, de Viveiro
NEREA MONTOYA MONTOYA. 9 anos. Colexio Virxe do Corpiño, de Begonte
ALDARA IGLESIAS PEÑA. 6 anos. Colexio nº 1 de Foz
ALMA FOLGUEIRA FERNÃNDEZ. 7 anos. Colexio nº 1 de Foz.
CATEGORÃA B - De 11 a 15 anos:
Primeiros premios:
DIOGO MIGUEL BARBOSA OLIVEIRA. 6º curso. Colexio Juan Rey, de Lourenzá.
LIDIA VILLARGORDO GONZÃLEZ. 12 anos. Ies Vilar Ponte, de Viveiro
INACIO ANTÓN NUEVO LÓPEZ. 13 anos. Ies Vilar Ponte, de Viveiro
Segundos premios:
ÃNGELA MARTÃNEZ SARMENTERO, RAQUEL GONZÃLEZ QUINTELA, NOELIA OCA BERMÚDEZ
e NOA LÓPEZ CASTRO. 11 anos. Colexio Lois TobÃo (Viveiro).
PEDRO REDONDO LOUREIRO. 12 anos. Ies Vilar Ponte, de Viveiro.
BEATRIZ PENA LÓPEZ. 11 anos. Colexio Lois TobÃo, de Viveiro.
CINTIA BARRIA. 12 anos. Ies vilar Ponte, de Viveiro.
SERGIO GAYOSO DÃAZ. 11 anos. Colexio Virxe do Corpiño, de Begonte.
XXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÃNGUEZ GUIZÃN”
Xurado: JESÚS DOMÃNGUEZ GUIZÃN (Presidente do Centro Cultural convocante),
AURELIA BALSEIRO GARCÃA,
Directora do Museo Provincial de Lugo; MANUEL GULÃN RODRÃGUEZ, pintor;
GONZALO SÃNCHEZ FOLGUEIRA, pintor; ANA LAGE CABRERO, Concelleira de
Cultura
de Begonte; e XULIO XIZ, xornalista.
Premios:
PREMIO JOSÉ DOMÃNGUEZ GUIZÃN de arte,
dotado con 1.500€ e estatuÃña de Sargadelos, a IAGO EIREOS, de Lugo, pola
súa obra “Dos Hermanas”.
Asi mesmo, diante da calidade das obras presentadas, acordan conceder
tres mencións de honra, dotadas con cadansúa estatuÃña de Sargadelos a:
SABELA ARIAS, pola súa obra “Mirando á cidade”
EDUARDO BAAMONDE, por “A noite do soldadiño de chumbo”
NOA PERSÃN, por “O feitizo da Maruxaina”.
XXXVI CERTAME DE XORNALISMO “BEGONTE E O NADAL”
Xurado: XESÚS MATO MATO(crego e escritor);
BLANCA PACIN SOMOZA (Bibliotecaria), JOSÉ RODRIGUEZ GOMEZ (Profesor;
secretario do Centro cultural convocante), MARCIAL GONZALEZ VIGO, escritor
e XULIO XIZ RAMIL, xornalista que actúa como Secretario.
Premios: PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuÃña de
Sargadelos, ao traballo “INMELLORABLE AGASALLO”,publicado en
www.galiciadigital.com, o 5 de Janeiro de 2012, por KENIA VALLE PRADO, de
Cerdeiras-Begonte.
- Segundo Premio, dotado con 300€ e estatuÃña de Sargadelos, concédese a
CHEGADA DO MAR (CONTO DO NADAL), publicado en www.galiciadigital.com, o 5
de Janeiro de 2012, por XOSÉ ROMÃN ESCOURIDO BASANTA.
- Pola calidade do seu traballo, concédese MENCIÓN DE HONRA dotada con
estatuÃña de Sargadelos a XOSÉ LUIS OTERO CEBRAL, polo traballo titulado
“BEGONTE CHAMA POLO NADAL”, publicado en El Progreso o pasado seis de
Janeiro.
XXVI CERTAME NACIONAL DE POESÃA SOBRE O NADAL
Xurado: XAVIER
RODRÃGUEZ BARRIO (escritor), SINESIO PÉREZ RODRÃGUEZ (En representación de
Novacaixa Galicia, entidade patrocinadora) e XULIO XIZ RAMIL (en
representación do centro cultural convocante).
PREMIO BEGONTE DE POESÃA, dotado con 600€ e estatuÃña de
Sargadelos, ao poema “NO ESTOY ALLÔ, presentado baixo o lema
“Bajorrelieve”, por JUAN JOSÉ VÉLEZ OTERO, de Sanlucar de Barrameda-Cádiz.
O SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuÃña de Sargadelos concédese ao
poema NA CARABELA DOS DESEXOS (Cantata), do que é autor Xosé Otero Canto,
de Lugo.
Pola calidade dos seus traballos, o xurado acorda conceder cadansúa
MENCIÓN DE HONRA aos poemas:
EDICTO DE NAVIDAD, presentado co lema “Vaso de música” por LÃZARO
DOMÃNGUEZ GALLEGO, do Ferrol. E
O BELÉN DA CHAIRA, do que é autor MARTIÑO MASEDA LOZANO, de Vilalba.
FotografÃas: Carlos RodrÃguez Arias.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.