Notas de prensa

1.250 nenos ourensáns participan en “Contacontos”, que motiva á lectura por medio da ilustración e a oralidade

Unha selección de lendas sobre os principios da cidade de Ourense e os seus vínculos coa auga constituíron o esqueleto central da actividade da Concellería de Educación “Contacontos”, dentro do Programa de Animación á Lectura.

A actividade, da que foron partícipes un total de 1.250 alumnos de Educación Primaria da Cidade, rematou hoxe a súa edición 2011-2012, cun acto de clausura no CEIP Manuel Sueiro, ó que asistiu a Concelleira de Educación, Ana Garrido, e na que participaron 20 alumnos de Primaria do propio centro.

A principal novidade da edición deste ano foi a posibilidade por parte dos cativos de escoller a versión dos contacontos, tanto en galego, como en castelán ou en inglés. Deste xeito, preténdese motivar á lectura por medio da ilustración e a oralidade, á vez que se fomenta a aprendizaxe dos propios idiomas.

Na actividade participaron profesores da Escola Municipal de Artes Escénicas, que fixeron partícipes ós nenos para que pasen de ser meros espectadores, a xogar un papel activo na función. O tema globalizador do programa de Animación á Lectura, na que se enmarca a actividade, son este curso os ríos, as termas e as fontes da nosa cidade.

Concello de Ourense, 2012-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES