
Ao longo da súa intervención, Feijóo avogou por reproducir, cada un nas nosas respectivas responsabilidades, o mesmo espírito que guía aos premiados. Non só me refiro dixo- ao espírito de equipo que lles permite ser máis fortes nunha competición, senón tamén ao que lles fai terminar cun apertón de mans ao rival despois de calquera partido. E, non só me refiro ao espírito de superación que lles permite crecerse e incrementar os seus éxitos, senón tamén levantarse para seguir tentándoo despois da derrota.
Feijóo salientou que as persoas e os equipos galardoados son o exemplo de que a visión dos gregos era atinada e que a súa idea de que o deporte favorece a unidade dun país perduraría a través dos tempos. E, neste sentido, asegurou que, esta gala é unha oportunidade para subir a nosa autoestima colectiva, se cabe máis aínda nestes tempos de dificultade que vivimos.
Esquecemos que a Galicia contemporánea ten en si mesma biografías modélicas ás que convén dedicarlles tempo para imitalas. Non é que pretendamos alcanzar as marcas de Javier, de Verónica, de Chano, de Susana, de Beatriz, ou de Jorge. Tampouco que aspiremos a reeditar os éxitos do Vigo Rugby Club, do Ponte Ourense, ou do Club Amfiv. Ante semellante ousadía, imaxino que un home como Moncho Fernández Vidal diríanos que debemos ser conscientes das nosas limitacións porque esgotariamos a paciencia de árbitros como Jorge Blanco Chao e, desde logo, non seriamos dignos de participar en Campionatos como o europeo de Tríatlon, afirmou.
Case 4,6 millóns de euros para as 59 federacións deportivas recoñecidas
Consciente da importancia do deporte, o responsable do Goberno galego avanzou que, no Consello desta semana, se autorizará unha inxección económica de case 4,6 millóns de euros que se repartirán entre as 59 federacións deportivas recoñecidas para facilitar e fomentar o acceso da cidadanía ao deporte federado.
Así mesmo, lembrou a posta en marcha por parte da Xunta do Plan Galicia Saudable, que quere fomentar o deporte en todas as xeracións e en todas as partes da comunidade; e a futura Lei do Deporte, que protexe non só aos 300.000 deportistas federados, senón tamén aos que practican deporte no día a día e que, por primeira vez, regula a loita contra a dopaxe e a violencia.
Ademais da Administración, Feijóo salientou que hai outros moitos ámbitos que son conscientes tamén da importancia do deporte, desde educadores como os do Colexio O Areal, ata xornalistas como Fernando Hidalgo, concellos como os que conforman a Mancomunidade Terra de Celanova, clubs como o Natural Sport-Videlgi de Ribeira ou emprendedores como Aceites Abril.
O presidente do Executivo autonómico concluíu o acto felicitando a todos os premiados que nos fan sentir Galicia dixo- coma un gran equipo, que pode gañar ou perder, pero que sempre loita.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Íñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.