
A Xunta de Galicia transmitiu directamente aos administradores concursais de Clesa o seu apoio á oferta de Feiraco como a mellor proposta para garantir a continuidade da planta de Caldas de Reis. No encontro, mantido en Madrid entre administración concursal, representantes de Feiraco e Xunta de Galicia, o Goberno galego deixou constancia do seu respaldo aos traballadores da empresa e a administración concursal comprometeuse a pór sobre a mesa unha solución na primeira quincena de xaneiro.
O director do Igape, Javier Aguilera, desprazouse a Madrid para reiterar ante os administradores o respaldo da Xunta á oferta liderada por Feiraco. Durante o encontro analizáronse e traballáronse aspectos técnicos da proposta e defendeuse a súa solvencia desde o punto de vista técnico, económico e de emprego. Manifestouse na reunión que a oferta de Feiraco, ademais de ter o respaldo da Xunta, conta coa confianza dos traballadores de Clesa como unha proposta seria e viable que aposta de maneira firme polo mantemento do tecido laboral, industrial e social da comarca.
O Goberno galego está levando a cabo un importante esforzo no seu compromiso de busca de solucións que garantan o futuro da planta de Clesa en Caldas e sobre todo, dos seus postos de traballo. Tanto a Xunta como Feiraco e máis os traballadores agardan que a administración concursal tome unha decisión no menor prazo de tempo posible facendo realidade a continuidade da planta.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.