Notas de prensa

Núñez Feijóo garante a blindaxe dos servizos públicos en Galicia a pesar da crise

Feijóo di que “este Goberno é o Goberno que máis adicou en termos porcentuais de presuposto corrente aos servizos públicos” nos 30 anos de autonomía e asegura que ao final da lexislatura, “haberá máis hospitais; máis garderías; máis centros de día; máis residencias da terceira idade...".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu no Parlamento, a blindaxe dos servizos públicos en Galicia e destacou que “este Goberno é o goberno que máis adicou en termos porcentuais de presuposto corrente aos servizos públicos”, nos 30 anos de autonomía que estamos celebrando.

“Non deixaremos a ninguén tirado”, afirmou Feijóo, en resposta a unha pregunta do PSdeG. “Vamos blindar os servizos públicos. Na educación, máis educación; en sanidade, máis sanidade; en servizos sociais, máis servizos sociais; en dependencia, máis dependencia. Ese é o meu compromiso”, aseverou.

O responsable do Goberno galego afirmou que non só se está a blindar os servizos públicos, senón que hoxe hai máis servizos públicos que fai tres anos. E asegurou, amais, que cando finalice esta lexislatura, “en Galicia, haberá máis hospitais que cando comezamos; máis garderías; máis centros de día; máis residencias da terceira idade; máis familias cobrando a dependencia; máis prazas para os discapacitados; máis de 10.000 alumnos en formación profesional dos que había; máis de 40.000 ordenadores financiados con fondos públicos; e máis de 40.000 rapaces estudando inglés no sistema educativo público”.

Feijóo resaltou que se a Administración do Goberno central cumprira os criterios de déficit público, “como cumprimos -coas críticas do Partido socialista-, en Galicia”, agora, esa redución do déficit público e do presuposto do sector público sería menor. E lembrou que, pola contra, o Goberno galego leva cumprindo o déficit público no ano 2009 e no ano 2010. “O Goberno de España –engadiu- incumpriu o déficit público no ano 2009, no ano 2010 e todos nos tememos que tamén no ano 2011”.

O presidente da Xunta saudou os “bos desexos” para o ano próximo do voceiro do PSdeG, se ben, afirmou que lle gustaría coñecer a súa proposta no tocante a cómo avanzar nos servizos públicos. “Levo esperando tres anos. Levo esperando tres anos, onde se me di que estamos privatizando a sanidade a sabendas de que é falso; que deterioramos a educación por non pagarlle os libros ás deputadas e deputados desta Cámara; que deterioramos a sanidade simplemente por solventar unha lei estatal que deixa sen tarxeta sanitaria aos parados e que Galicia adiantouse tres meses ao problema da lexislación estatal. Acepto coa máxima responsabilidade a proposta que me fai, pero si me gustaría coñecela”.

Feijóo subliñou que se o PSdeG remite “aínda que sexan dúas propostas para manter os servizos públicos mantendo o compromiso do déficit público”, serán avaliadas en 48 horas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-12-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES