Notas de prensa

O novo Clúster da Loxística de Galicia aglutina a 43.000 traballadores do sector

Constitúese o novo Clúster da Loxística co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria. O sector aglutina a máis de 43.000 traballadores nos que o Goberno galego investiu 6 millóns de euros en formación.

O apoio da Consellería de Economía e Industria fixo posible que se constituíra o novo Clúster da Loxística e do Transporte de Galicia, que nace con máis de 80 adheridos entre socios, membros estratéxicos, colaboradores e membros institucionais. O Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, Anxo Bernardo Tahoces, e o Director Xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, presidiron a constitución do Clúster de Loxística e Transporte de Galicia, que celebrou esta tarde a súa primeira Xunta Directiva en Santiago.

O Clúster representa ao sector da loxística , unha actividade que supón o 4,5% do emprego na Comunidade Autónoma de Galicia, con máis de 43.200 empregos directos e preto de 20.000 indirectos. Esta entidade nace co apoio da Xunta de Galicia a través das Direccións Xerais de Industria, Enerxía e Minas e Mobilidade.

Nesta lexislatura, a Consellería de Economía e Industria está a apoiar a formación e consolidación dos principais clúster galegos con axudas que suman 6 millóns de euros. Este esforzo para impulsar a organización e coordinación dos sectores de actividade que máis riqueza xeran en Galicia e que máis perspectivas de crecemento tradúcese no impulso da creación de clúster como o da Loxística, pioneiro na Comunidade Autónoma.

A política de apoio ao clúster da Xunta de Galicia mantense como unha prioridade desde o comezo da lexislatura, xa que estas organizacións constitúen unha baza que fai máis fortes aos sectores estratéxicos da economía galega á hora de competir no mercado global. Para as pequenas e medianas empresas é fundamental unir esforzos e adquirir, sen perder a súa propia personalidade, unhas dimensións suficientes para introducirse en determinados ámbitos, como o internacional ou o da investigación e o desenvolvemento, xa que individualmente esta tarefa resultaríalles máis custosa.

O novo Clúster de Loxística e Transporte de Galicia nace co obxectivo de integrar as demandas e necesidades dos principais sectores industriais de cara a impulsar o crecemento económico da Comunidade. Esta organización representa unha importante oportunidade para situar a Galicia como espazo loxístico de referencia e como un apoio para o desenvolvemento e a internacionalización do sistema empresarial galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES