Notas de prensa

O libro-disco de César Morán, "Haberá Primavera", homenaxea a Cunqueiro no seu centenario

Presentouse en Vigo o libro-disco sobre Ãlvaro Cunqueiro titulado "Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións", unha obra do cantautor Cesar Morán editada por Galaxia. Ademáis do libro, a obra contén dous CDs con poemas musicados e a derradeira conversa de Cunqueiro con Morán poucos días antes de falecer.

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, participou na Casa Galega da Cultura de Vigo na presentación do libro-disco sobre Ãlvaro Cunqueiro titulado Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións, unha obra do cantautor Cesar Morán editada por Galaxia. O acto contou ademais coa intervención do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e do autor César Morán, quen interpretou en directo algúns dos temas incluídos no libro en CD xunto a Alfonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo).

Francisco López cualificou a obra como “un agasallo par os sentidos, un prodixio de harmonías entre a palabra escrita”, e destacou “o deseño editorial, a musicalización exquisita e o labor instrumental impresionante, que arroupa nas gravacións a voz invitada de Uxía Pedreira e a de César Morán”. Segundo o director xeral esta é “unha das máis importantes propostas editoriais con motivo do centenario de Ãlvaro Cunqueiro, unha iniciativa máis que se suma aos múltiples congresos, exposicións, conferencias, faladoiros, representacións escénicas e musicais que se viron realizando ao longo deste 2011 co propósito de recordar e homenaxear ao escritor monfortino”.

Francisco López explicou que dende a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos colaborarase unha vez máis coas entidades e institucións vencelladas a Cunqueiro e a súa obra e, neste sentido, comprometeuse a difundir entre as bibliotecas galegas o libro Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións.

Libro-CD

Neste ano 2011, e coincidindo co centenario do nacemento do poeta Ãlvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia edita un libro de poemas do autor de Mondoñedo, acompañado de dous CDs. O primeiro CD está composto por unha serie de poemas musicados por César Morán, e o outro CD contén a gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer. Este é un libro-disco que contén unha excelente proposta musical e o acompaña un documento histórico de primeira orde.

César Morán rodeouse de músicos de primeiro nivel (entre os que destaca a voz de Uxía Senlle) para ofrecernos un excelente e elegante traballo que vai namorar aos seguidores de Cunqueiro pero tamén aos amantes da música. Este disco contén composición musicais onde o autor de Mondoñedo está agarimado pola guitarra, a frauta traveseira, o saxo alto, o contrabaixo e a percusión da banda de César Morán, quen presta a súa voz sintonizando á perfección coa lírica contida dos versos de Cunqueiro.

Este é un proxecto innovador que nos presenta a Cunqueiro doutra maneira, unindo literatura, música e un documento sonoro de innegable valor histórico e literario, como é esa derradeira conversa co escritor de Mondoñedo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES