
Os desafÃos das industrias culturais e creativas no novo contexto económico e tecnolóxico están a centrar o primeiro cumio académico e profesional do proxecto INDCREA, que se desenvolve en San Simón, a Illa do Pensamento, coa participación de medio centenar de especialistas en industrias culturais e creativas procedentes de seis paÃses. Organizado pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo –a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Fundación Illa de San Simón– e polo Consello da Cultura Galega, este foro “Galicia e as industrias culturais e creativas diante da Axenda 2020” clausurarase mañá coa presentación das conclusións arredor dos posibles escenarios de futuro do sector, tendo en conta o programa de converxencia dixital da Unión Europea.
As primeiras sesións de debate estiveron centradas en aspectos como o capital de futuro das industrias creativas e culturais, os seus retos ante a crise e os cambios que impón a sociedade multimedia, asà como as tendencias e novos modelos de negocio, a través dos que os participantes tratan de definir polÃticas culturais orientadas á xeración de riqueza, valor engadido e emprego.
Aplicación práctica
Neste sentido, o director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, sinalaba que deste encontro poderán saÃr ideas para implementar tanto desde a administración pública como desde as propias empresas, engadindo que “a cultura galega debe crer nas súas posibilidades de desenvolvemento e ir a máis”.
As primeiras propostas dos expertos reunidos en San Simón pasan pola promoción da diversidade cultural, tanto de bens e produtos como de creadores e consumidores, o desenvolvemento da creatividade, a mellora e bo uso das tecnoloxÃas dixitais, a creación dun marco económico para as industrias culturais con novos modelos de negocio, o apoio ás Pemes e sistemas alternativos de financiamento, asà como a mellora da cohesión social a nivel interno e a cohesión polÃticosocial entre paÃses. Destaca, asà mesmo, a coincidencia de todos os participantes na necesidade de impulsar a formación especÃfica para emprendedores e fomentar a investigación aplicada ás industrias culturais.
Medios de comunicación
No primeiro tramo deste encontro, abordouse especialmente o momento incerto que se está a vivir no ámbito dos medios de comunicación. En xeral, os especialistas consideran que é necesario separar xornalismo e industria, tratando de definir neste último caso un novo modelo de negocio que deberÃa abordar tres grandes ámbitos de intervención: prezo, soportes e contido.
No que respecta ao prezo, condicionado polo arraigo da gratuidade e a caÃda das dúas grandes fontes de ingresos (publicidade e venda do produto), unha das solucións propostas pasa polo desenvolvemento de modelos mixtos tipo freemium e a busca da flexibilidade de prezos en función do soporte utilizado. No relativo aos soportes, debe tenderse a unha distribución multiplataforma para adaptarse a un consumo multisoporte, coas tabletas gañando terreo cara ao futuro. E falando de contidos, os expertos conclúen que debe prevalecer a relevancia das novas, asà como unha maior personalización e adaptabilidade a cada consumidor, apostando por contidos hiperlocais e hipertemáticos. En calquera caso, o gran desafÃo é a calidade: mellores contidos que se axusten á reconversión tecnolóxica.
Audiovisual
No ámbito do audiovisual analizouse asà mesmo o papel dos clúster, e os expertos destes órganos concluÃron que a súa utilidade principal é colaborar na busca e redefinición de fontes de negocio alternativas á gran dependencia das subvencións públicas. Neste sentido, consideran que deben procurarse cada vez máis fórmulas colaborativas con outros clúster e entre empresas doutros lugares para expandir o mercado.
Na xornada de hoxe tamén se están a estudar sectores como o cine, a comunicación comercial, o urbanismo e territorio, a industria da moda, a industria musical, as artes plásticas e a nova creación multimedia. Xa mañá, abordarase a propiedade intelectual, para pechar o encontro coa presentación de conclusións e o acto de clausura, a cargo do director da Agadic e dos directores académicos e cientÃficos das xornadas.
O foro está sendo retransmitido en streaming a través da canle San SimónTV, á que se pode acceder mediante a páxina web da Fundación Illa de San Simón (www.illadesansimon.org). Tamén se realiza un completo seguimento en Twitter mediante a conta @illasansimon e baixo a etiqueta #INDCREA.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.