
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, avanzou que a Xunta está a traballar no deseño dun Plan Estratéxico para o Surf de Galicia para “asà crear unha marca de calidade que de prestixio as nosas praias e servizos.” Lete Lasa fixo este anuncio na presentación en Ferrol do campionato de surf ‘PantÃn Classic 2011Â’, na que tamén participou a secretaria xeral par o Turismo, Carmen Pardo.
O secretario xeral para o Deporte, destacou na presentación do campionato que se celebrará do 13 ao 18 de setembro na praia de PatÃn de Valdoviño, que Galicia ofrece unhas condición inmellorables para a práctica do surf, contando con máis de 100 praias aptas para a práctica deste deporte en diferentes condicións de ondas e vento. Ademais, a comunidade galega pode garantir 340 dÃas anuais válidos para a práctica deste deporte. Por isto a Xunta de Galicia, afirmou, ven mostrando dende sempre o seu compromiso ca práctica deste deporte en xeral e co ‘PantÃn ClassicÂ’ en particular.
Lete Lasa destacou no seu discurso a gran vinculación da cidade de Ferrol ca práctica do deporte do surf, sendo esta cidade a primeira na que se fundou un club de surf, o Océano Club Surf, ademais de acoller a primeira tenda de surf de Galicia, Aquasurf e o primeiro campionato, o PantÃn que neste ano celebra xa a súa 24ª edición. Ademais o secretario xeral para o Deporte tivo palabras de ánimo para os deportistas galegos que participarán no evento como Goni Zubizarreta, Pablo Montero, Erika Franco ou Yolanda RodrÃguez.
Na súa intervención, o secretario xeral para o Deporte manifestou que co apoio a este evento a Xunta de Galicia mostra o seu compromiso co deporte e co desenvolvemento de hábitos de vida saudables. Engadiu que este compromiso vai máis aló da competición, as vitorias e as medallas, e referiuse ao programa Galicia Saudable, posto en marcha pola Xunta co obxectivo de mellorar a saúde mediante a práctica regular da actividade fÃsica e a adquisición de hábitos alimenticios saudables.
O valor engadido da paisaxe
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, asegurou “a regularidade, a constancia e a garantÃa de ondas de grande calidade converten a PantÃn na mellor opción para celebrar un evento tan relevante como o PantÃn Classic Pro”. Asemade, Carmen Pardo destacou que este campionato de surf ten “o gran valor engadido de celebrarse nunha área de enorme beleza natural e a escasa degradación do medio natural, unha das zonas de Galicia con maior densidade de castelos medievais, os cantÃs máis importantes do paÃs e as lagoas e zonas húmidas máis fermosas de Galicia”.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.