Notas de prensa

Avelino González e Lucía Regueira imparten os cursos de comedia da arte e de interpretación

Avelino González, coñecido pola súa personaxe de “Miñato” na serie “Padre Casares”, e Lucía Regueira, habitual das montaxes de Teatro do Atlántico, impartirán os cursos de Comedia da Arte e Interpretación no Museo Provincial de Lugo e en Burela no mes de setembro.

O vindeiro mes de setembro terán lugar dous novos cursos do proxecto teatral Buxiganga, posto en marcha pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. En Burela, Lucía Regueiro impartirá o curso de Interpretación, e terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura desta localidade no horario de 10.00 a 15.00 horas os sábados dese mes. Os cursos de Buxiganga están a ter moi boa acollida polas persoas vinculadas ao teatro da Mariña, a xulgar pola alta participación nos mesmos. Hai que destacar que Lucía Regueiro é unha actriz de gran prestixio dentro do audiovisual galego, ademais de participar habitualmente nas montaxes de Teatro do Atlántico, unha compañía histórica dentro do circuíto galego.

Por outra parte, o curso de Comedia da Arte terá lugar tamén no mes de setembro, pero no Museo Provincial de Lugo, en horario de 9.00 horas a 14.00 horas os sábados de dito mes. A comedia do arte é unha ferramenta imprescindible para o actor, imprescindible no teatro contemporáneo. Aqueles que se queiran introducir nesta disciplina contarán cun dos maiores especialistas nacionais a súa disposición dentro das accións formativas Buxiganga: Avelino González, máis coñecido polo seu papel de “Miñato” na serie “Padre Casares”.

Ambos os dous cursos teñen un custe de 10 euros para os actores que participan no circuíto Buxiganga e de 20 euros para os restantes. Aínda quedan prazas libres para poder participar nos cursos, polo que aquelas persoas interesadas poden chamar ao 982260141 en horario de oficina para inscribirse.

Web: http://www.avelinogonzalez.com/

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2011-08-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES