O proxecto NACCE (Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC) pretende paliar as debilidades do sector TIC na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, tanto en cantidade de empresas, como en competitividade, como en internacionalización. Para elo, aposta pola creación dun núcleo de cooperación entre todos os axentes implicados no sector, para estimular a aparición de novas iniciativas empresariais, aumentar a competitividade das empresas existentes, e, consecuentemente, dinamizar o emprego.
Asà o anunciou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na presentación desta iniciativa, que se prolongará ata o 31 de decembro de 2012, e que conta cun orzamento de 1,18 millóns de euros, cofinanciados por fondos FEDER. Entre os seus obxectivos están promover a economÃa do coñecemento, favorecer a xeración e o trasvase de profesionais cualificados e coñecemento a ambos lados da fronteira, superar a especialización produtiva desta zona nos sectores tradicionais, fomentar a internacionalización, a competitividade e o emprego, e impulsar a transferencia tecnolóxica entre as universidades e as empresas do sector.
A posta en marcha deste proxecto, que lidera a ConsellerÃa de Traballo e Benestar, vai permitir, entre outros: a formación e asesoramento a 150 pequenas e medianas empresas no desenvolvemento de proxectos comúns; a formación doutros 150 emprendedores e 50 empresas en materia de posta en marcha dunha actividade TIC ou de novas liñas de negocio; a posta en marcha de varias ferramentas para difundir o coñecemento e asesoramento nesta materia (un foro de innovación, outro de colaboración de pemes transfronteirizas e unha oficina de asesoramento a pemes transfronteirizas en materia de internacionalización); e a celebración de 20 mesas de traballo sobre a creación de empresas TIC.
Trátase dun proxecto que se inscribe dentro da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal 2007-2013 e concretamente ten que ver co eixo prioritario de cooperación e xestión conxunta para o fomento da competitividade e a promoción do emprego dentro desta área. O seu obxectivo é o de dinamizar o sector das TecnoloxÃas da Información e da Comunicación na área transfronteiriza que comparte Galicia e Portugal, a través da cooperación.
Beatriz Mato lembrou que “estamos a falar dun sector clave, que segue a constituÃr un xacemento de emprego, e que ademais actúa transversalmente sobre outros sectores e xera sinerxias moi positivas” e referiuse ás vantaxes que supón a aplicación das tecnoloxÃas da comunicación en empresas e servizos de todo tipo, e especialmente nos procesos e negocios tradicionais.
A conselleira aclarou que, a través deste proxecto que supón a cooperación entre as empresas dun e doutro lado da fronteira, “pretendemos impulsar a creación de novas empresas e a apertura de novas liñas de negocio nas xa existentes, de tal maneira que se amplÃen as liñas e cifras de negocio, se creza en competitividade e se avance cara á internacionalización, ao tempo que promovemos o emprego cualificado na Eurorrexión”.
Segundo indicou Mato, a necesidade e a oportunidade do proxecto NACCE radica na constatación dunha serie de debilidades nesta zona xeográfica ao respecto do sector TIC. Entre outras, un escaso volume de empresas deste sector, unha reducida cooperación entre elas, baixa competitividade, poucas pemes que operen fóra do seu ámbito nacional e reducida mobilidade entre traballadores cualificados dos dous paÃses.
NACCE consiste nunha plataforma colaboradora para a creación de empresas TIC. Unha rede composta por socios e colaboradores que potenciarán a formación e asesoramento de pemes transfronteirizas co fin de ampliar a cifra de negocios e impulsar o seu crecemento. Para elo crearase unha rede baseada en tecnoloxÃas web 2.0, que actuará como catalizador para o avance do sector ofrecendo os apoios e ferramentas necesarios para a internacionalización, o fomento do espÃrito empresarial e a orientación para implantar novas iniciativas.
A titular de Traballo e Benestar apuntou que a creación de empregos de calidade “é un dos obxectivos que deben cumprirse a consecuencia destas accións en positivo”. “Estamos a falar dun proxecto de cooperación e xestión conxunta entre Galicia e o Norte de Portugal, a través do cal imos aproveitar os recursos materiais e humanos, e a través do cal apostamos polo emprendemento e as novas tecnoloxÃas como alternativa á alta presenza dos sectores produtivos tradicionais neste territorio”, aseverou.
No proxecto NACCE participa como xefe de fila e responsable a Dirección Xeral de Promoción do Emprego da ConsellerÃa de Traballo e Benestar, xunto á Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC), a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, a Universidade de Vigo, a Asociación Empresarial AIMINHO e a Asociación Centro de Computación Gráfica de Portugal.