
O BNG opónse rotundamente á prórroga da participación de continxentes militares españois en Libia.
A dramática e terrÃbel situación de Libia que está derivando “nunha guerra con evidentes compoñentes de guerra civil precisa outro modo de conducir este conflito que non sexa pola vÃa da intervención armada”, sinal ao deputado do BNG, Francisco Jorquera.
Os parlamentares do BNG non poden votar nen intervir na Comisión conxunta, Exteriores-Defensa, que se celebra esta tarde no Congreso dos Deputados xa que no Grupo Mixto non teñen a portavocÃa destas Comisións, e ademáis non se permiten mási de dúas intervencións por Grupo. Máis o BNG quer deixar clara a súa posición contraria, manifestada tanto na votación no Pleno do pasado 22 de marzo como cando o 19 de abril se votou a ampliación da participación española en Libia.
A OTAN tamén provoca vÃtimas civÃs
Os nacionalistas galegos, que foron crÃticos coa resolución da ONU pola súa ambiguedade, pero afirman que incluso “se está a incumprir dita resolución e se está a ir máis alá”. Lembra Jorquera que a resolución da ONU fala de proteción á poboación civil, de zona de exclusión aérea e de embargo económico e de armas.
Pero “actualmente se está a incumprir o embargo de armas e a situación está desembocando nun conflito con claros compoñentes de guerra civil. Sen querer ser agoreiros, estás ea producir o que advertimos no seu momento: o que se presentou como unha operación rápida e curta, “ciruxÃa fina”, resulta que se convertiu nunha guerra cronificada con multitude de vÃtimas civÃs que tamén provoca a OTAN e con cuantiosos danos nas infraestruturas civÃs”.
Zapatero incumpre a súa palabra
Para o deputado do BNG o Presidente do Goberno “está vulnerando a súa palabra xa que puxo como condición que a intervención se debÃa apoiar nunha resolución da ONU. Porén e á luza dos feitos é evidente que se está producindo unha extralimitación e se está indo moito máis lonxe do permitido”.
Neste sentido, tamén subliña que “se dixo até a saciedade que o obxectivo non era derrocar a Gadafi pero parece que agora é o único obxectivo declarado”.
O portavoz do BNG no Congreso lembra que “as intervencións militares non conducen a bó porto, só contribúen a agravar os problemas, acentúan destrución e sumen nun estado de guerra permanente o paÃs, precisamente o que está a suceder en Libia”.
FotografÃa: Ministerio de Defensa
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.