
José Mourelle Cillero prometeu o cargo de Secretario da Deputación de Lugo nun acto no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos presidido polo máximo mandatario provincial, José Ramón Gómez Besteiro. Cillero destacou a “lealdade e entrega necesaria” coa que toma posesión do seu novo posto, “para seguir potenciando o traballo en rede da institución cos Concellos da provincia”.
Ante a presencia do Presidente, Gómez Besteiro, e Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, do Secretario saliente, Faustino MartÃnez, asà como de numerosos compañeiros que encheron a sala, o novo Secretario destacou “a capacidade e entrega total” do Presidente, a quen lle agradeceu a súa “afabilidade, tolerancia e respeto en liñas de traballo”. Cillero tamén salientou a “profesionalidade e dedicación da maiorÃa dos meus compañeiros”, asà como “o esforzo do meu amigo e mestre Faustino”. Pola súa banda, o Secretario saliente defendeu a necesidade de “seguir defendendo a institución” mediante a colaboración de todos.
Deste xeito, tras 27 anos, o organismo provincial conta cun novo Secretario. Trátase dun dos técnicos de maior responsabilidade na institución lucense xunto á Interventora, persoal de control dos Orzamentos. Cillero é agora o encargado de convocar os Plenos e Xuntas de Goberno, de elaborar a orde do dÃa destas sesións, asà como de dar conta e custodiar os acordos acadados. Entre outras funcións, debe informar de todas as actuacións levadas a cabo pola institución, asà como dos decretos, convenios, protocolos ou estudos aprobados pola Presidencia e distintas áreas de xestión.
José Mourelle Cillero é Licenciado en Dereito e Ciencias PolÃticas. Ademais, posúe un Máster en Administracións Públicas da Universidade Complutense de Madrid. Está especializado en contratación administrativa e recursos humanos. Compaxina a súa actividade funcionarial coa de docente na Universidad “Alfonso X el Sabio”, da que é profesor na Escola Politécnica Superior. Desempeñou gran parte da súa carreira profesional no Concello de Lugo do que é funcionario, coa categorÃa de Letrado Asesor e na que se atopa en excedencia. Tamén, desempeñou outros postos como o de Director da MUNPAL na Coruña e Secretario da Delegación de Sanidade en Lugo.
O novo Secretario substitúe a Faustino MartÃnez Fernández que, dende 1983, exerceu este cargo acadando, entre outros logros, a compensación de tasas coa Seguridade Social polos doentes do hospital San Rafael. Esta foi a primeira vez en España que unha entidade local gañou un contencioso destas dimensións.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.