Notas de prensa

Teatro do Morcego recupera a obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse

O Salón Teatro de Compostela ofrece unha función da versión de Os vellos non deben de namorarse recuperada por Teatro do Morcego o venres, 11 de marzo, ás 20:30 h. A obra regresa aos escearios galegos dez anos despois da súa estrea. Esta farsa en tres lances conta a historia de amor de tres vellos.

O Salón Teatro de Santiago acolle o venres día 11 un único pase de Os vellos non deben de namorarse, versión da emblemática obra de Castelao asinada pola compañía galega Teatro do Morcego, que recupera este espectáculo para os escenarios dez anos despois da súa estrea. A función no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego dará comezo ás 20.30 horas.

Celso Parada volve asumir a dirección escénica desta farsa en tres lances, cargados de humor, ironía e sarcasmo con finais de insinuado dramatismo. Un elenco integrado por 12 actores e actrices –Miguel Borines, Mónica Camaño, Andrés Giráldez, Celia González, Elina Luaces, Cristina Mariño, Iolanda Muíños, Miguel Pernas, Tatán, Miguel Varela, María Veiga e Mundo Villalustre– dá vida a esta farsa sobre os amores dos vellos D. Saturio, D. Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgraza de poñer os seus ollos na mocidade garrida de Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia, os tres acabarán falecendo: D. Saturio, envelenado cun solimán da súa propia botica; D. Ramón, deitado no esterco tras entregar a alma por un bico, e o vinculeiro señor Fuco, de felicidade por ter casado coa súa namorada.

Fundada en Cangas en 1989 por Celso Parada e Isabel Ãvila, Teatro do Morcego é tamén a compañía residente de Narón dende hai dúas temporadas. Durante a súa ampla traxectoria, ten recibido importantes premios como os Compostela por Misterio cómico e Doberman ou os María Casares por Lazariño de Tormes, ademais de ser finalista en varias edicións dos devanditos galardóns. Xunto con Os vellos non deben de namorarse, destacan entre as súas producións O burgués fidalgo, de Molière; A gran ilusión, de Eduardo de Filippo; Morte accidental dun anarquista, de Darío Fo, ou O club da calceta, de María Reimóndez, entre outras moitas. Na actualidade, tamén ten en cartel A nona, a partir da obra de Roberto Cossa, e o musical para público familiar Saltimbanquis.

A obra

Cando o 14 de agosto de 1941 a Compañía Gallega de Comedia Maruxa Villanueva estreou no Teatro Mayo de Bos Aires a peza Os vellos non deben de namorarse, único texto teatral asinado por Castelao, nacía, sen el sabelo, unha das obras máis emblemáticas do teatro galego, así como a máis representada. Aquel "simple experimento artístico", como era definido con modestia polo seu autor, botou a andar tras a fascinación que en 1921 lle producira en París o Teatro da Arte de Nikita Balieff, "tan novo e tan orixinal, que é a estilización de todo: parola, música, pintura, danzas”. Castelao descubriu entón as posibilidades que tería para un teatro popular galego a aplicación de certos usos de estilización poética do imaxinario colectivo.

As entradas para asistir á representación da versión de Os vellos non deben de namorarse a cargo de Teatro do Morcego poderán adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo da actuación. Ademais, xa está dispoñible a súa venda por adiantado a través do teléfono 902 43 44 43 ou da billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es. O prezo das localidades é de 10 euros, cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O festival desenvolverase no adro da sede da SGAE no parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. O primeiro en ocupar o escenario será o rimador de Muros 9Louro, talento emerxente que segue a pegada doutros coñecidos grupos muradáns, como The Rapants ou Capital Voskov. Este mesmo ano lanzou o seu primeiro traballo discográfico, Nove noves, cunha variada mestura de funk, bachata, reguetón, trap e pop. A continuación, será a quenda da viguesa de ascendencia brasileira Lua de Santana. O dúo compostelán Boyanka Kostova pechará o festival Acento 2025 coa súa proposta retranqueira, na que o urbano e os sons máis contemporáneos conviven co tradicional.
Foto de la tercera plana (union-europea.jpg) O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción, onde defendeu a necesidade de que os fondos europeos que permiten apoiar os sectores industriais sigan sendo xestionados polas rexións. No encontro, celebrado no marco dos traballos para avanzar no Plan de Acción para o sector do automóbil que presentou a Comisión Europea en marzo, Nicolás Vázquez remarcou que Galicia é partidaria de que se manteña a descentralización dos fondos de cohesión.

Notas

Entre os anos 2016 e 2018, o experimento ANITA (Antarctic Impulsive Transient Antenna), unha rede de antenas montada en globo sobre a estratosfera da Antártida, detectou dous misteriosos sinais de emisión de radio que espertaron un grande interese na comunidade científica. Parecían proceder do interior da Terra, coma se a partícula que as producise tivese atravesado miles de quilómetros do subsolo sen interactuar con ningunha outra partícula.
O International Space Science Institute-ISSI acaba de prolongar dous anos máis o proxecto que desde o ano 2022 desenvolve un equipo internacional liderado polo físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel que estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES