
Preséntase GV, o proxecto artístico do deseñador Gonzalo Vázquez a través do cal presenta unha arriscada proposta de vestiario e co que se consolida no actual paradigma da moda galega como un novo valor emerxente e emprendedor.
Estas arriscadas propostas para home e muller serán presentadas de maneira oficial coa apertura dun novo atelier de moda, o 11 de Febrero nun dos espazos culturais máis emblemáticos de Galicia, a Casa das Crechas en Santiago de Compostela. Este evento de presentación que lanzará GV ao público xeral contará con relevantes axentes artísticos e empresariais que se darán cita nun acto que contará coa actuación de Ugia Pedreira, reconocida cantante, escritora e compositora que ofrecerá un exclusivo recital con temas inéditos do seu repertorio.
GV é música e teatro. Xermolado no eido das artes escénicas e avalado polas figuras máis destacadas do panorama artístico galego, o traballo deste creador multidisciplinar xa foi protagonista destacado nos momentos máis importantes da cultura galega deseñando e creando o atrezo e vestiario das producións máis relevantes dos últimos tempos. Uxía Senlle, Nordestin@s, Guadi Galego, Marful,,
són só algúns dos nomes máis coñecidos desta nova xeración musical e teatral que está vivindo Galicia na actualidade, grazas a coidados traballos que mostran novas formas de entender a arte baseadas naexperimentación, a modernidade e os novos sons fusionados cós estándares máis tradicionais.
Arte, moda e vanguarda é a síntese coa que se define este proxecto. GV non é unha marca, é unha forma de mirar. A confección do vestiario GV convida ao público xeral a participar nun proceso creativo e artesanal que vai desde a elección do deseño até as probas finais, explica o artista Gonzalo Vázquez.
Sobre Gonzalo Vázquez
Gonzalo Vázquez (Vilaboa, Pontevedra, 1983) é a mente creadora do proxecto GV, unha proposta artística e de vestiario que ten a súa orixe nas artes escénicas e que agora se presenta para todos os públicos no atelier de moda que presentará este mes de febreiro. Formado en Filoloxía Galega (UVigo) e en Literatura Comparada (USC), e ampliando coñecementos na Accademia Albertina delle Belle Arti de Turín sobre literatura, performance e artes visuais, este novo talento ven de presentar as súas creacións, tanto en mostras individuais como colectivas, en Galicia, Italia e Barcelona. Obras que representan afusión da moda e a arte coa literatura, disciplinas sempre presentes na vida do artista. É por iso que GV foi seleccionado como un dos Novos Valores 2010polo Museo de Pontevedra coa peza Desexo Intransitivo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.