Notas de prensa

Presentouse a primeira edición das obras completas de poesía de Manuel Rodríguez López

Antón Bao explicou que “a publicación do libro, grazas ao impulso do concello de Paradela e a colaboración da Ãrea de Cultura, permitirá fixar a súa obra, para o coñecemento das xeracións presentes e futuras, dentro do noso sistema literario galego”.

Foi presentado no salón de actos da Deputación de Lugo o libro “Manuel Rodríguez López. Poesía completa”, coa presenza de Antón Bao, vicepresidente da Deputación, José Manuel Mato, alcalde de Paradela, Darío Xohán Cabana, coordinador do libro, e Xulio Xiz, colaborador, ademais da familia de Manuel Rodríguez López: Irene López e Santiago Rodríguez, viúva e fillo do poeta, e Carlos Rodríguez, neto, que interpretou dúas pezas co violín no acto desta mañá en homenaxe ao poeta de Paradela.

A obra “Manuel Rodríguez López. Poesía Completa”, que conta cun limiar de Darío Xohán Cabana, constitúe a primeira edición das obras completas do poeta. Na súa intervención, Antón Bao manifestou a satisfacción da Ãrea de Cultura da Deputación por “presentar esta publicación dun autor lucense, xa que así estamos contribuíndo a que o seu traballo se visualice, a que a súa labor acabe repercutindo en beneficio da sociedade e da identidade dos lucenses”. Bao considerou que, aínda que todos os poetas son necesarios, “algúns como Manuel Rodríguez López son imprescindibles, e a publicación da súa poesía completa, grazas ao impulso do concello de Paradela e da colaboración da Ãrea de Cultura, permitirá fixar a súa obra, para o coñecemento das xeracións presentes e futuras, dentro do noso sistema literario galego”.

O vicepresidente da Deputación, que nos seus primeiros anos como estudante de Filoloxía en Lugo, coincidiu con Manuel Rodríguez López na pensión que rexentaban os seus sogros, pais de Irene López, explicou que “as conversas con Manuel Rodríguez, nas que me falaba deste país, da súa lingua e da súa cultura, e me remitía aos clásicos gregos e latinos para que comprendera as relacións entre a nosa cultura propia e as culturas universais, marcaron a miña formación e desenvolvemento de xeito definitivo, polo que me sinto moi agradecido por poder contribuír a que esta obra competa vexa a luz”. Deu os parabéns á familia e colaboradores coa obra por “seguir traballando por este poeta, manter viva a súa memoria e facer que esta obra chegue ás nosas mans e ás das xeracións vindeiras”.

Manuel Rodríguez López (Paradela, 1934 – Lugo, 1990) demostrou ao longo da súa vida unha gran preocupación pola cultura galega e polo seu país.Obtivo numerosos premios literarias, entre os que destacan os primeiros premios de poesía Meigas e Trasgos de Sarria nos anos 1976 e 1980, o Premio Xosé Mª Chao Ledo no III Certame Literario de Vilalba, en 1977, o primeiro premio do Certame Literario de Begonte en 1985, e o primeiro premio Nós de Barcelona en 1980, entre outros. Manuel Rodríguez López foi colaborador en medios de comunicación de Galiza, Cataluña e Arxentina. Foi nomeado a título póstumo Fillo Predilecto de Paradela. A casa da cultura de Paradela leva o seu nome, así como o centro cultural do mesmo concello onde naceu.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2010-12-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (memoriachaira.jpg) O 8 de setembro, en Outeiro de Rei - Penas de Rodas, Cemiterio e Campa de Santa Sabela - , desde 2005, celébrase a "Memoria da Chaira enteira" na lembranza de Manuel María, no cabodano do seu pasamento, organizada pola Asociación Xermolos, de Guitiriz e a Irmandade Manuel María. Os actos comezarán ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra, para seguir ás 17,00 cun recital nas Penas de Rodas, a cargo de voces amigas do Manuel que len anacos da súa poesía ou creacións propias na súa lembranza.
Foto de la tercera plana (presidenteoicinas.jpg) Estes espazos ofrecerán asesoramiento aos veciños que o precisen da man de técnicos da Xunta para axilizar a tramitación das axudas e para ofrecer a información sobre a situación . Concluíu o Presidente que haberá "rapidez en sacar axudas e rapidez en concedelas, e que a xente teña o diñeiro que precisa o antes posible".

Notas

Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de Río As persoas consumidoras poderán rexistrar as súas compras nestes municipios a través da páxina web oficial da campaña ou directamente nos establecementos participantes co gallo de participar no sorteo de tarxetas prepago de 50 euros
O galardón, creado polo Instituto de Estudos do Territorio, pretende poñer en valor a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da paisaxe e do patrimonio natural, distinguindo aos municipios máis dinámicos neste eido.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES