Notas de prensa

Agestic entrega os Premios Innova G 2010

Autoridades de la Xunta de Galicia relacionados coa empresa e coa innovación tecnolóxica asisten á entrega dos Premios Innova G 2010 promovidos por Agestic.

O director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, xunto ao director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, o subdirector xeral de Sociedade da Información, Cristóbal Varela Artime, e o subdirector xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicación, Radio e Televisión, Ignacio Otero, participaron hoxe no acto de entrega da I edición dos premios INNOVA G 2010, que organiza a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC).

Mellor idea de negocio 2.0 - mellor start-up galega
Gañador: Webphone, o botón que converte os visitantes web en clientes.
Servizo click to call, para facilitar o contacto telefónico entre as empresas e os seus clientes de xeito gratuito.
Finalista: Binaurality, metódo para aprender a entender idiomas
Finalista: Meubook, espazo de edición e venda
Mellor emprendedor/a galego/a 2.0
Gañador: Pleiteando.com, tu red social jurídica!
Rodolfo Alonso Albella, un lucense licenciado en Dereito creador da primeira rede social xurídica de fala hispana.
Finalista: Yolatta Escaparates, una nueva forma de entender escaparatismo
Finalista: miBrujula.com
Mellor campaña social media
Gañador: Paco & Lola Albariño
Bodega de viños Paco & Lola Albariño, con gran difusión en Internet a través de diversos canais da web 2.0
Finalista: Campaña X1euro
Finalista: Primate en las redes sociales
Mellor iniciativa galega de apoio á innovación
Gañador: Innovación Novaxove
Blog adicado exclusivamente á innovación e a mostrar que se pode e se debe emprender.
Finalista: Master en Creación, Dirección e Innovación na empresa
Finalista: Iniciativas Medioambientales Novaxove
Mellor desenvolvemento 2.0
Gañador: Jobsket
Portal de emprego gratuito para rexistrar currículos e enviar ofertas de emprego de múltiples portais dunha maneira innovadora e sinxela.
Finalista: Krynea Imperial Wars
Finalista: ikiMap, crea e comparte os teus mapas
Mellor aplicación para dispositivos móbiles
Gañador: Bolsa de Emprego para móbil do Concello de Santiago
Sistema de envío de ofertas de emprego, cursos e bolsas ao móbil dos seus subscritores.
Finalista: BLUGUIA. O Camiño de Santiago en GPS
Finalista: Binaurality · Listen and Learn
Mellor solución tecnolóxica móbil
Gañador: Receita de cómo enviar maxia ó teu móbil
Plataforma de publicidade mediante o envío de contidos vía bluetooth ós móbiles dos interesados.
Mellor deseño para todos
Gañador: "Setembro", A película
Páxina web do film "Setembro", cun diseño e desenvolvemento comprensible e navegable para persoas con algunha discapacidade.
Finalista: Mancomún
Finalista: Dameuntoke
Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns
Gañador: LibroWeb educativo
A web entra na aula e na casa de profesores e alumnos da man de LibroWeb.
Finalista: BILDO · Traductor Universal
Finalista: Plataforma de reflexión "A Cidade dos barrios"
Mellor desenvolvemento de RSE
Gañador: Igualdade e emprendemento social en "RuraisLAB Galicia"
Laboratorio cidadán para o desenvolvemento rural baseado na innovación, a igualdade e o emprendemento.
Finalista: Touro Comercial
Finalista: Comercute
Mellor desenvolvemento audiovisual en Internet
Gañador: Web Sara Lage y Maru Calderón
Páxina web das diseñadoras de moda Sara Lage y Maru Calderón, creada cunha orixinal e innovadora posta en escea.
Finalista: Web Hachedè Visual
Finalista: O tempo da memoria
Premiados polos internautas
Mellor idea de negocio 2.0 - mellor start-up galega
Gañador: Nova Xestión Cultural. Traballo en Rede no eido da Cultura
Mellor emprendedor/a galego/a 2.0
Gañador: miBrujula.com
Mellor campaña social media
Gañador: Campaña X1euro
Mellor iniciativa galega de apoio á innovación
Gañador: Master en Creación, Dirección e Innovación na empresa
Mellor desenvolvemento 2.0
Gañador: Krynea Imperial Wars
Mellor aplicación para dispositivos móbiles
Gañador: BLUGUIA. O Camiño de Santiago en GPS
Mellor solución tecnolóxica móbil
Gañador: Receita de cómo enviar maxia ó teu móbil
Mellor deseño para todos
Gañador: Dameuntoke
Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns
Gañador: Rede de comunicación Xuvenil Dameuntoke Narón
Mellor desenvolvemento de RSE
Gañador: Igualdade e emprendemento social en "RuraisLAB Galicia"
Mellor desenvolvemento audiovisual en Internet
Gañador: Web Hachedè Visual

Agestic, 2010-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES