
O ciclo Xacobeo Importa engade unha nova incorporación ao seu cartel de concertos para o Ano Santo. O 17 de novembro a Sala Capitol de Santiago acollerá a partir das 21.30 horas a actuación de Eli “Paperboy” Reed, na que o cantante presentará temas do que foi definido como o mellor soul do século XXI.
Eli “Paperboy” Reed, de só 25 anos e considerado un dos artistas revelación do 2008, e a súa banda The True Loves pisarán por primeira vez un escenario galego. Tralo seu magnÃfico disco Roll with you, que sacou ao mercado hai dous anos, fichou pola multinacional EMI e este ano presentou Come and get it. Asemade, a prensa internacional comparouno cos grandes, e medios como Rolling Stone, Mondo Sonoro, Rockdelux ou Ruta 66 foron unánimes ao elixir o directo de Reed como un dos mellores que pasou por España en 2008 e 2009.
Tralo verán, o ciclo Xacobeo Importa volve cunha apertada axenda para o que queda de 2010. Este venres, 1 de outubro, será a quenda de Interpol e xa no mes de novembro, os mÃticos The Zombies actuarán en Vigo e Alice Cooper chegará a Santiago para ofrecer un concerto que non deixará indiferente a ninguén. Por último, a banda Teenage Fanclub pechará o ciclo Xacobeo Importa cun concerto en Santiago o próximo 3 de decembro.
Xacobeo Importa é una iniciativa do Xacobeo 2010 e o Ciclo Importa que supón unha programación regular, que engloba a grupos e artistas do circuÃto independente, que nunca visitaron Galicia, ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, merecen ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.