
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, asistiu ao acto de inauguración da exposición sobre Enrique MuÃño que se mostra no Museo de Lugo, con motivo da celebración da XXXII Semana de Cine de Autor, que se celebra en Lugo dende o 26 de setembro e ata o dÃa 2 de outubro. Ademais de Antón Bao, tamén asistiron ao acto Aurelia Balseiro, directora do Museo de Lugo, Xulio Xiz Ramil, presidente do Grupo Fonmiñá (organizador da Semana de Cine), Nuria Mundiña, concelleira de Cultura de Lugo, Federico Santillana, director da pelÃcula sobre Enrique MuÃño, Manuel Curiel, directivo do Grupo Fonmiñá, e José Carlos RodrÃguez Andina, xefe territorial de Cultura da Xunta.
Na súa intervención, o vicepresidente da Deputación salientou o traballo do grupo Fonmiñá “xa que sen eles non serÃa posible a celebración desta Semana de Cine, sen a que á súa vez non poderÃamos gozar da satisfacción que supón manter vivo o recordo de Enrique MuÃño”. Manifestou o seu agradecemento á organización, e subliñou a importancia que ten para os galegos e galegas “que se saquen á luz personaxes históricos galegos que, de non ser por isto, quedarÃan no esquecemento colectivo”. Declarou asà que “a Semana do Cine vai mas alá do cine, xa que ten moita importancia no que se refire á historia, e á recuperación da mesma a través da sétima arte”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.