
O Subdirector Xeral do Retorno e da Inmigración do Goberno galego, Antonio Aguarón Turrientes, presentou en Pilar (Arxentina) a GuÃa do Retorno editada pola SecretarÃa Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
Aguarón Turrientes fixo a presentación no marco da celebración do Primeiro curso de formación sobre o retorno que se leva a cabo en Arxentina. Este encontro, celebrado ao longo de toda a xornada do domingo na localidade bonaerense de Pilar, foi organizado pola Federación Unión de Sociedades Galegas de Arxentina e financiado pola Administración autonómica galega.
No seu relatorio, o responsable da SecretarÃa de Emigración nestes temas expuxo as liñas fundamentais de contidos e asuntos que aborda a guÃa. Esta publicación reúne a toda a información necesaria para orientar na realización dos trámites anteriores e posteriores ao retorno, asà como os fundamentos e caracterÃsticas da asistencia sanitaria, o emprego e o sistema de pensións do retornado. Do mesmo xeito, detállanse as axudas e programas a prol da vivenda, da dependencia, e do sistema educativo galego e español.
Segundo asegurou Aguarón Turrientes, “trátase dunha ferramenta de grande utilidade” tanto para o uso particular de calquera cidadán que logo de vivir fóra quixese retornar á súa terra como para todas aquelas persoas de entidades galegas no exterior encargadas de dar orientación e resposta ás preguntas dos emigrantes galegos que están pensando en volver a Galicia.
O subdirector xeral avanzou que na SecretarÃa Xeral da Emigración se está a traballar na elaboración dun anteproxecto de lei que regule a figura do “retornado” e as diferentes medidas e mecanismos que as administracións porán ao seu dispor para facilitar o regreso a Galicia.
1º Curso de Formación para centros galegos
Este curso, o primeiro que se realiza destas caracterÃsticas en Arxentina, convocou a representantes, traballadores e colaboradores de 49 centros e institucións galegas de Arxentina, Chile e Uruguai. En total, participaron 131 persoas, destacando especialmente a asistencia de membros de organizacións de varias provincias arxentinas e de paÃses limÃtrofes. Trátase dun éxito de convocatoria que conseguiu reunir nun mesmo espazo intereses e achegas de entidades con realidades sociais, culturais e institucionais ben diversas.
Ao longo da xornada interviñeron, ademais do representante da área de Retorno da Xunta, o Presidente da Federación Unión de Asociacións Galegas de Arxentina, Adonis PampÃn Cagide; o Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, e varios membros da organización para detallar tanto o marco legal deste tema como os trámites previos á viaxe e os que hai que levar adiante en Galicia na chegada. Do mesmo xeito, detalláronse os programas e axudas para retornados que a Xunta de Galicia ten en funcionamento.
A xuntanza clausurouse cun interesante coloquio no que se achegaron inquedanzas, necesidades e propostas das entidades presentes.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.