
Santiago de Compostela acollerá entre o 18 e o 28 de outubro o ciclo de conferencias e coloquios Camiño ao andar, que forma parte da programación de Xacobeo 2010 e que se celebrará no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e na sede da Fundación Cidade da Cultura. No marco deste ambicioso proxecto, programaranse cada dÃa dúas charlas e un coloquio no que tomarán parte algúns dos máis prestixiosos arquitectos, sociólogos, filósofos, historiadores, escritores, polÃticos ou antropólogos do panorama mundial.
Durante nove intensas xornadas, a cidade de Compostela será escenario dun conxunto de conferencias nas que se abordarán algúns dos distintos aspectos que conforman a cultura contemporánea. Para conseguir que o debate e a reflexión sexa o máis profunda posible, Camiño ao andar, comisariada por Juan Barja, director do CÃrculo de Bellas Artes, traerá a Santiago a algunhas das máis importantes figuras nacionais e internacionais nos seus diferentes ámbitos. Deste xeito, os participantes nesta iniciativa poderán escoitar, entre outras propostas, un coloquio de Félix de Azúa sobre Proust; a Shlomo Ben Ami disertar sobre o valor da diplomacia; unha charla de Michel Bauwens sobre a relación entre o fÃsico e o virtual, ou un coloquio de Rafael Moneo sobre os camiños da arquitectura.
O catedrático de Ciencia da Arte e TeorÃa dos Medios Beat Wyss será outro dos expertos que tome parte en Camiño ao andar, onde falará da súa experiencia no Camiño de Santiago desde Lucerna. Asemade, na sede da Fundación Cidade da Cultura, o catedrático de Historia da FilosofÃa Moderna da Universidade Autónoma de Madrid Félix Duque reflexionará sobre o VÃa Crucis e o Camiño de Santiago. Xa na última xornada, Antonio Gamoneda profundizará nos aspectos estéticos presentes ou suscitados polos camiños que levan a Santiago. Estes son só algúns dos expertos que do 18 ao 28 de outubro abordarán a cultura contemporánea desde diferentes puntos de vista.
Con esta ambiciosa iniciativa, Xacobeo 2010 quere invitar á reflexión tendo como punto de partida as aportacións e coñecementos de toda unha serie de intelectuais de primeira liña procedentes de campos moi diversos da cultura. A todo isto contribuirá a densidade histórica e cultural de Santiago de Compostela, que supón o marco idóneo para pensar a construción da cultura europea como un fenómeno no que se mesturan debates, conflitos e diálogos interculturais. A asistencia aos coloquios e conferencias será gratuÃta, previa inscrición.
Camiño ao andar enmárcase no Camiño da Reflexión da programación de Xacobeo 2010, un apartado no que se inclúen congresos, conferencias e debates que xeran reflexión, cuns contidos que quedan rexistrados como legado cultural para futuras xeracións
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.