Notas de prensa

O Orfeón Lucense acompaña a peregrinación diocesana de Lugo a Compostela

Máis de 2.000 persoas da Diócese de Lugo peregrinan o 25 de setembro a Santiago de Compostela con motivo do Ano Santo 2010. Esta peregrinación está acompañada polo Orfeón Lucense e baixarán xuntos desde o Monte do Gozo ata a Catedral de Santiago.

O Orfeón Lucense, titular habitual dos oficios solemnes da catedral de Lugo, composto
por medio centenar de voces mixtas e dirixido por Xesús Mato, acompaña a "pereginación diocesana" que se despraza a Compostela o 25 de setembro, presidida polo bispo da diocese, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco. O obxectivo desta peregrinación é gozar da graza do Xubileo neste Ano Santo Compostelán.

Nesta chegada a Santiago participan uns 2.000 peregrinos/as de diversos arciprestazgos da Diócese do Sacramento (parroquias de Lugo e das zonas de Monforte de Lemos, Lalín, Sarria, Baralla, Rábade, Melide, Pobra de Brollón...) que se unen en Santiago para baixar xuntos desde o Monte do Gozo ata a Catedral de Compostela a partir das 14:00 h. e participar nunha Eucaristía ás 16:30 h.

NotaEsta celebración relixiosa estará presidida polo Arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, e concelebrada polo bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, e os cregos que acompañan aos peregrinos. Nesta Eucaristía farase a invocación ao Apóstol Santiago que será presentada pola Delegada de Apostolado Seglar da Diócese, Josefina Palmeiro.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias

Orfeón Lucense / Gabinete de Prensa do Obispado de Lugo, 2010-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES