O obradoiro Municipal de Teatro, que naceu dun proxecto conxunto do Concello de Palas de Rei coa Asociación “Metátese Teatro”, abrÃu o prazo para a formalización e presentación de inscripcións no novo Curso de Teatro en Palas de Rei. As inscripcións realizaranse na Casa de Cultura de Palas de Rei en horario de mañán. O curso comenza en outubre do 2010 e prolongarase ata maio do 2011(ámbos meses inclusive), este será o terceiro Curso de formación Teatral que se imparte en Palas de Rei.
As clases do novo curso de teatro terán lugar na Casa de Cultura de Palas de Rei os sábados de 10:30 ata as 13:30 horas, nelas os alumnos terán diversos obradoiros de expresión oral e corporal, son, iluminación, atrezo, producción, maquillaxe, etc. En canto o perfil dos alumnos convén sinalar que estes obradoiros van enfocados a distintas idades dos alumnos dende os 4 anos en diante sen limite de idade.
Dende a organización deste Obradoiro se prevé seguir mantendo a Mostra de Teatro Escolar creada cursos pasados dando pe a participación e intercambio teatral entre os alumnos deste Obradoiro cos de outras localidades Galegas; asà como se ten previsto a participación dos alumnos da Escola teatral Palense con Obras teatrais en outras Comunidades.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.