
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, interveu no Parlamento de Galicia para expoñer o estado actual da nova Lei de Bibliotecas e a adquisición de produtos editoriais. O director xeral asegurou respecto a nova lexislatura que rexerá ás bibliotecas, que “non sufrirá atrancos e quedará aprobada nesta lexislatura”. “É vontade polo tanto que sexa presentada no Parlamento neste mesmo ano 2010”, engadiu.
Francisco López anunciou no hemiciclo galego que desde a ConsellerÃa de Cultura e Turismo “pretendemos que a lei sexa valorada e enriquecida nos elementos susceptible de selo” polo que levouse a cabo unha “ampla polÃtica de difusión dos seus contidos co fin de abrir portas a alegacións ou propostas relativas á mesma que permitiu nos últimos meses introducir elementos que sen dúbida melloran e actualizan os textos iniciais”.
O director xeral de Cultura incidiu na idea de que a Lei de Bibliotecas “debe ser, unha Lei consensuada e valorada por todo o Parlamento, polo que a ConsellerÃa se esforza en manter criterios esencialmente técnicos na súa redacción e continuar, sen desfacer, o traballo feito ata agora”. Francisco López subliñou o momento actual do trámite da Lei, aberto a propostas e afirmou que “varias das alegacións deron lugar a cambios ou modificacións , en xeral limitadas a puntos concretos”.
Adquisicións editoriais
Respecto á compra de produtos editoriais e ao seu pagamento, o director xeral, ao fÃo da reunión mantida onte coa nova directiva da Asociación Galega de Editores, apuntou que “todo o procedemento está xestionado con axilidade e que os pagamentos soamente sofren os atrasos derivados dun bo control administrativo, ou os derivados da dinámica das firmas que a ConsellerÃa adquire os respectivos volumes”.
Francisco López lembrou que “as novidades editoriais adquiridas están aboadas, nos casos nos que a contÃa resulta inferior a 18.000 euros, e nos casos nos que as editoriais deben percibir unha cantidade superior, o procedemento esixe a sinatura dun contrato de obra”. O director xeral estableceu que a ConsellerÃa de Cultura e Turismo a través da súa Dirección Xeral “destinou un total de 1.092.290 euros no ano 2009, no presente exercicio, o investimento previsto ascende a 1.100.000 euros e con respecto á cantidade para o ano 2011, neste momento a Xunta de Galicia está a elaborar os orzamentos”.
O director xeral de Cultura enviou un mensaxe de futuro asegurando a coordinación e establecemento duns “principios de actuación coa nova directiva da Asociación Galega de Editores” e unha actuación desde a Xunta de Galicia que permitirá actuar “nos investimentos con vontade de crecemento, a través da calidade e da procura de mercados onde situarnos, mellora na profesionalización do sector e corresponsabilidade das empresas, as primeiras interesadas en manterse nun sector á alza”.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.